Publicador de contidos

Contido coa etiqueta eta .

Publicador de contidos

Contido coa etiqueta eta .

Eta

Entra en vigor a lei de intercambio de información de antecedentes penais

08/11/2024 09:01

A norma permitirá a 52 presos etarras acumular as penas cumpridas en Francia e adiantar a súa saída de prisión


O alpinista Martín Zabaleta e o sherpa Pasang Temba antes do saque de honra

Unha asociación de gardas civís critica a homenaxe ao montañeiro que subiu ao Everest cunha ikurriña cun símbolo da ETA

19/10/2024 19:37

Os montañeiros Martín Zabaleta e Pasang Temba, membros da primeira expedición de Euskadi que alcanzou a cima do Everest en 1980, realizaron o saque de honra no partido en San Mamés entre o Athlétic Club e o RCD Espanyol

Na retransmisión televisiva non se ofreceron as imaxes


O BOE publica a lei que beneficia, entre outros, a presos da ETA que cumpriron penas no estranxeiro

19/10/2024 10:57

Malia que o PP utilizou a súa maioría no Senado para rexeitar a reforma legal, o martes, o PSOE e Sumar deron por aprobada definitivamente a lei

A norma, que entra en vigor en 20 días, permitiralles a reclusos, entre eles presos da ETA saír antes do cárcere ao contabilizar as condenas xa cumpridas previamente en Francia

O PP avanza que presentará un conflito de competencias contra o Congreso ante o Tribunal Constitucional


Francina Armengol, presidenta do Congreso, á chegada da reunión da Mesa do Congreso (EFE/Fernando Alvarado)

O Congreso rexeita a devolución da lei de antecedentes por parte do Senado e decide publicala no BOE

15/10/2024 11:10

A Mesa do Congreso toma a decisión tras escoitar os servizos xurídicos da Cámara, que entenden que o rexeitamento por maioría absoluta do Senado non se pode entender como un veto


O presidente do Senado, Pedro Rollán

O Senado rexeita a lei de antecedentes e devólvea ao Congreso ao considerala vetada

14/10/2024 08:31

O presidente do Senado, Pedro Rollán, entende que o rexeitamento por maioría absoluta supón un veto da lei e por iso a devolve ao Congreso

O PSOE di que o Senado non vetou a lei e que podería ir ao BOE

O Congreso estudará a decisión do Senado de vetar e devolver a lei


Miguel Tellado no Congreso sostendo a imaxe de militantes socialistas asasinados pola ETA (EFE/J.J. Guillén)

O PSOE pide o cesamento ou dimisión de Tellado "por utilizar as vítimas da ETA"

10/10/2024 12:08

O voceiro do PP no Congreso replica que quen "utiliza" as vítimas é o Goberno


Alicia García, senadora do Partido Popular, intervén no plano (EFE/Javier Lizón)

O Senado apraza o debate da lei que inclúe beneficios penais para etarras

08/10/2024 11:06

A aprobación da lei suporía que os presos da ETA poderían descontar das súas condenas o tempo que pasaron en cárceres franceses e saír de prisión antes do que estaba previsto

O Partido Popular gaña tempo para intentar que o Goberno retire a norma aprobada por unanimidade no Congreso, xa que de non ser así entraría en vigor a pesar de que o Senado votase en contra

Categorías:  España   Política
Etiquetas:  SENADO   ETA

O PP retira da orde do día no Senado a lei que inclúe beneficios penais a etarras

08/10/2024 08:01

Os populares minoran a tramitación do cambio legal, pero só o Goberno pode retirar a reforma

O Executivo lembra que a emenda, de Sumar, se aprobou por unanimidade e sen polémica


O PP minora no Senado a lei que permitirá beneficios penais a etarras e pídelle ao Goberno que a retire

07/10/2024 21:15

Os populares, maioritarios no Cámara Alta, gañan así tempo á espera de que o Goberno decida se mantén o texto ou ben o retira, como esixiron

Vítimas do Terrorismo piden que se paralice a tramitación dunha lei que rebaixaría as condenas de 44 etarras

Categorías:  España   Política
Etiquetas:  PP   ETA

Vítimas do Terrorismo piden que se paralice a tramitación dunha lei que rebaixaría as condenas de 44 etarras

07/10/2024 14:49

O texto foi aprobado por unanimidade no Congreso e vótase este martes no Senado

O Goberno pide que continúe a súa tramitación mentres o PP anuncia que fará todo o posible por reverter a reforma

Categorías:  España   Política

Mero Barral, vítima da ETA

Mero Barral: "Meus pais estaban na tumba mentres se achegaban presos etarras a Euskadi"

13/09/2024 14:42

O coruñés Mero Barral quedou orfo aos catro meses cando ETA matou os seus pais. A súa avoa tivo que crialo xunto co seu irmán, de catro anos

Seu avó quedou en Londres, onde traballaba emigrado, para poder sacar a familia adiante

Etiquetas:  ETA

Arquivo/ Fernando Sánchez / Europa Press

O BOE publica a xubilación forzosa do xuíz Manuel García-Castellón

02/09/2024 09:58

O maxistrado da Audiencia Nacional retírase ao facer os 72 anos, a idade máxima permitida por lei para exercer o cargo

A titular do Xulgado Central de Instrución Número 3, María Tardón, asumirá as súas causas ata que o Consello Xeral do Poder Xudicial (CGPX) designe un substituto

O xuíz instruíu importantes causas relacionadas co terrorismo e a corrupción e arquivou o caso dos disturbios rexistrados en 2019 en Cataluña atribuídos a Tsunami Democràtic 


Imaxe de arquivo de Garikoitz Aspiazu Rubina, 'Txeroki' (Europa Press)

O exlíder de ETA Txeroki, trasladado desde Francia á prisión donostiarra de Martutene

22/08/2024 18:48

Acordouse que cumpra en España os anos de prisión que lle quedaban en Francia, e a partir de agora poderá ser xulgado en España polos delitos pendentes

En 2011 foi condenado a 377 anos de prisión pola Audiencia Nacional


O ex-xefe militar de ETA Francisco Javier García Gaztelu, Txapote

Procesados Txapote, Amaia e outros catro ex-xefes de ETA polo asasinato dun empresario

09/07/2024 12:31

A xuíza explica na súa resolución que todos eles formaban parte do Comité Executivo de ETA no período de tempo en que se decidiu, planificou e materializou o asasinato de Francisco Arratibel en 1997

Categorías:  España   Política
Etiquetas:  TERRORISMO   ETA

A ex-xefa da ETA Anboto négase a declarar ante o xuíz polo asasinato de Miguel Ángel Blanco

19/04/2024 14:30

A Audiencia Nacional deberá decidir se se xulga os investigados ou se arquiva a causa


Otxandiano: "Se coas miñas palabras puiden ferir a sensibilidade das vítimas da ETA, pido perdón"

18/04/2024 10:12

O candidato de EH Bildu a lehendakar di que a coalición "está a dar pasos, seguramente insuficientes" no camiño cara á reconciliación

PNV e PSOE critican a postura do partido abertzale

O PP acusa os socialistas de "hipócritas"

Categorías:  España   Política

O PSOE e os socios da investidura rexeitan tramitar unha lei para impedir que prescriban os crimes de ETA

06/02/2024 19:52

A proposta é do Partido Popular e inclúe tamén prohibir as homenaxes a terroristas

Categorías:  España   Política
Etiquetas:  PP   PSOE   ETA

O xuíz García-Castellón reabre a causa sobre as homenaxes a etarras excarcerados

31/01/2024 14:14

Arnaldo Otegi pon en dúbida a independencia do Poder Xudicial


A Fiscalía considera probado que Txapote e Amaia asasinaron a Manuel Zamarreño

25/01/2024 14:59

A acusación pide para cada un deles 120 anos de prisión

Categorías:  España   Política
Etiquetas:  TERRORISMO   ETA

Txapote négase a declarar no xuízo polo asasinato do concelleiro do PP Manuel Zamarreño

24/01/2024 14:46

A Fiscalía pide para o exdirixente de ETA 120 anos de cárcere 

O escolta do edil asasinado relatou no xuízo as lesións que sufriu no atentado, hai 25 anos

Categorías:  España   Política
Etiquetas:  TERRORISMO   ETA

Imaxe da manifestación celebrada este sábado en Bilbao (EFE)

Multitudinaria manifestación en Bilbao polos presos da ETA

13/01/2024 18:13

Os manifestantes denunciaron que os presos de ETA non estean suxeitos á política penal ordinaria

Na mobilización participaron políticos de EH Bildu, Elkarrekin Podemos, Junts, ERC, a CUP, así como tamén outras entidades independentistas catalás, ANC e Ómnium, e os sindicatos nacionalistas de Euskadi


Orde de detención e prisión para Txapote e outros tres dirixentes da ETA

04/10/2023 14:55

A Audidencia Nacional dita unha orde de detención pola súa presunta implicación no asasinato do maxistrado Querol Lombardero 

Categorías:  España   Política
Etiquetas:  TERRORISMO   ETA

Mikel Kabikoitz Carrera Sarobe, Ata, e Miren Itxaso Zaldúa, durante o xuízo na Audiencia Nacional (EFE/Fernando Villar)

O ex-xefe de ETA Carrera Sarobe, condenado a 30 anos de prisión por asasinar a Giménez Abad

22/09/2023 12:58

Os maxistrados da Audiencia Nacional decidiron absolver a Miren Itxaso Zaldúa, Sahatsa, quen tamén foi xulgada por este crime


Fanse 26 anos do secuestro e asasinato de Miguel Ángel Blanco

10/07/2023 14:47

En Ermua recordouse a mobilización que superou o medo como punto de inflexión na loita contra o terrorismo


Sánchez di que Bildu errou nas súas listas e esixe máis rotundidade ao pedir perdón

17/05/2023 08:05

A voceira de EH Bildu di que o compromiso da súa formación coa convivencia é "clarisimo"

Cuca Gamarra pídelle a Sánchez que renuncie aos pactos cos abertzales

A Fiscalía non ve ilegal a inclusión de condenados por terrorismo nas listas de Bildu


Un membro da ETA que matou un policía natural de Baleira vai nas listas de Bildu ao Concello de Irún

12/05/2023 13:53

Juan Ramón Rojo fora condenado pola Audiencia Nacional a 27 anos de prisión polo asasinato de José Anseán


Francia autoriza a España a xulgar a Kantauri polo asasinato de Miguel Ángel Blanco

10/05/2023 21:38

O ex-xefe de ETA está acusado de dar a orde de secuestrar e matar o edil de Ermua


Máis de 20.000 persoas reclaman en Bilbao "a volta á casa" dos presos da ETA

07/01/2023 21:19

Sare pide que xuíces e fiscais "deixen de retorcer a lei" e permitan, "coa lexislación ordinaria", achegar os reclusos "á casa"

Os organizadores aseguran que unha aplicación da lei ordinaria outorgaría a liberdade condicionada ou a semiliberdade a 110 reclusos


Atopan un zulo abandonado da ETA nun bosque de Oñate en Guipúscoa

23/10/2022 11:32

No interior cuberto por pedras lozalizáronse oito detonadores, restos de mecha e unha bolsa con dous quilos de explosivo tipo Goma

Categorías:  España   Política

O xuíz García Castellón investiga a responsabilidade de tres ex-xefes etarras

O ex-xefe de ETA Kantauri declara polo asasinato de Miguel Ángel Blanco

17/10/2022 08:24

É o terceiro dirixente da organización interrogado

Categorías:  España   Política


Interior traslada a prisións vascas os terroristas Txapote e Parot

31/08/2022 19:21

Os dous foron xefes da ETA

Categorías:  España   Política
Etiquetas:  ETA   DELITOS   PRISIÓN

A irmá de Miguel Ángel Blanco pide presentarse na investigación sobre o asasinato do concelleiro do PP

22/07/2022 11:15

Nesta causa, o xuíz trata de esclarecer se a cúpula da organización terrorista ETA foi responsable de encargar o seu asasinato


Galicia recorda a memoria de Miguel Ángel Blanco nos 25 anos do seu asasinato

13/07/2022 17:01

Vigo inaugurou unha praza dedicada ao concelleiro popular de Ermua e o Parlamento e concellos e deputacións recordaron a data cun minuto de silencio

Categorías:  Galicia   Política
Etiquetas:  TERRORISMO   ETA

A Lei de Memoria Democrática, pactada con Bildu, divide os partidos políticos

11/07/2022 07:54

Foi o pano de fondo no acto de Ermua en homenaxe a Miguel Ángel Blanco 

A oposición repróchalle ao Goberno que pactara o texto con Bildu 


INTERACTIVO | Cronoloxía do secuestro e morte de Miguel Ángel Blanco

10/07/2022 14:56

A través desta liña do tempo facemos memoria dun dos episodios máis lembrados na loita contra ETA

Crónica do acto oficial de homenaxe ás vítimas do terrorismo


Filipe VI pide que o espírito de Ermua non caia no esquecemento

10/07/2022 08:18

Sánchez defende construír unha memoria colectiva que preserve os valores democráticos que representan as vítimas do terrorismo

Marimar Blanco pide que a memoria democrática recoñeza a verdadeira historia do terrorismo "con bos e malos"

INFOGRAFÍA: Así foron as últimas 100 horas de Miguel Ángel Blanco

Categorías:  España   Política
Etiquetas:  ETA

A directora da Fundación Miguel Ángel Blanco apela á unidade política na condena ao terrorismo

08/07/2022 15:12

O próximo domingo 10 de xullo cúmprense 25 anos do secuestro e posterior asasinato de Miguel Ángel Blanco a mans de ETA.

Categorías:  España   Política
Etiquetas:  TERRORISMO   ETA

Imputan tres exdirixentes de ETA polo asasinato de Miguel Ángel Blanco

08/07/2022 12:10

O xuíz responsabiliza a Mikel Antza, Anboto e Kantauri de ser os responsables como xefes da banda de establecer a estratexia que levou ao secuestro e asasinato do concelleiro de Ermua e de non evitar o seu desenlace


25 anos da liberación de Ortega Lara

01/07/2022 18:37

Foi o secuestro máis longo da ETA

Categorías:  España   Política
Publicidade
Publicidade
— 40 Resultados por páxina
Mostrando o intervalo 1 - 40 de 47 resultados.