Novas
Contido coa etiqueta .
Lingua Galega
A AELG recoñece este venres a Camiño Noia e Quique Peón como mestra e mestre da memoria
16/10/2024 11:43
Recoñecen as súas achegas, ao longo das súas vidas, á nosa memoria colectiva e ao saber popular
16/10/2024 09:23
O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude di que cómpre mellorar o uso social do galego porque "a escola asegura as competencias"
A Coral de Ruada, Premio Otero Pedrayo pola súa difusión da cultura e a lingua galega
14/10/2024 18:36
A agrupación, fundada no ano 1918, estivo moi vinculada ao movemento galeguista e á Xeración Nós
Voces recoñecidas do rap reivindican o uso normalizado do galego
12/10/2024 21:49
Pontevedra acolleu a final do CeibaRimas, que naceu hai catro anos para fomentar o uso da lingua propia entre a mocidade
Un total de 26 persoas participaron nesta rifada competición de freestyle
Valentín García: "A chegada de migrantes modificou a última enquisa sobre o galego"
12/10/2024 16:28
Segundo o secretario xeral de Política Lingüística, en cinco anos chegaron a Galicia 115.000 persoas que só usan o castelán
Asegura que o reto é converter o galego nunha lingua máis atractiva para a poboación que vén de fóra e para a mocidade urbana
11/10/2024 13:38
Un informe do Instituto Galego de Estatística certifica que son xa máis os cidadáns que residen en Galicia que falan sempre en castelán, un 29,66 %, que os que utilizan a lingua cooficial no seu día a día de forma continua, un 24,37 %
No estudo anterior, de 2018, a situación idiomática aínda era inversa: a poboación que falaba sempre en galego situábase por encima do 30 % e a de quen o facía sempre en castelán estaba nun 24,40 %
A Xunta alega que a chegada de poboación do exterior "inflúe directamente" no aumento de castelanfalantes
A Xunta convoca os partidos a unha reunión para traballar por un "gran pacto pola lingua"
09/10/2024 14:45
O conselleiro de Cultura dixo que a lingua galega “é un dos nosos maiores tesouros", polo que afirmou que "é fundamental traballar xuntos, desde a cordialidade e liberdade, para preservala e poñela en valor”
A presidenta do Parlamento Europeo pide un informe sobre o uso das linguas cooficiais na cámara
07/10/2024 20:47
Analizarán as consecuencias prácticas, orzamentarias e políticas do uso do galego, catalán e éuscaro na institución comunitaria
24/09/2024 12:12
Os expertos reclaman que se eliminen as limitacións que impiden impartir no noso idioma as materias científicas
A Comisión Europea advirte de que actualmente "non se garante" que os procedementos xudiciais se podan facer en galego
Google Maps comeza a respectar a toponimia oficial galega
09/09/2024 22:13
Lugares como Arteixo, Sanxenxo ou A Coruña aparecen xa escritos coa grafía galega que lles pertence
Cultura quere incrementar o uso do galego nos espazos onde se move a mocidade
31/07/2024 14:00
Van potenciar o papel dos neofalantes, aquelas persoas que aínda que non tiñan o galego como primeira lingua agora a usan como símbolo de identidade.
En colaboración coa USC daráselle continuidade ao proxecto neofalantes.gal, o portal web que serve de unión a esta comunidade
O festival Revenidas Miúdo reúne 3.000 persoas no Monte do Gozo
28/07/2024 21:23
Foron máis dunha ducia de actuacións en tres escenarios diferentes
A romaría comezou ás doce da mañá e prolongouse toda a tarde
"Galegos sen fronteiras", de 20 países, fan en Mazarelos o curso de lingua e cultura da RAG
03/07/2024 15:11
A vella Facultade de Filosofía e letras acolle desde hoxe os 50 alumnos do curso de lingua e cultura galegas, que xa vai pola edición número 34
Euloxio Ruibal recibe a "Letra E" pola súa contribución á dramaturxia galega
15/06/2024 21:20
A Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega homenaxeou o autor
Recoñeceuno como escritor, académico e renovador da dramaturxia galega
Takekazu Asaka, embaixador da lingua galega no Xapón, académico de honra da RAG
08/06/2024 20:11
Traduciu ao xaponés a Rosalía de Castro, Ramón Cabanillas, Uxío Novoneyra e os poetas medievais
Impartiu clases de galego en varias universidades xaponesas e no Instituto Cervantes de Toquio
O conselleiro de Lingua reclama que o galego quede "fóra do debate político"
24/05/2024 09:18
José López Campos asegura que o pacto pola lingua que ofrece é "para chegar a acordos cando se queira negociar"
O titular da nova consellería gaba o "traballo extraordinario" do centros escolares na implantación do decreto de plurilingüismo
O Instituto de Estudos Ulloáns celebra o Día das Letras Galegas no castelo de Pambre
17/05/2024 20:49
A filóloga Andrea Santiso impartiu un relatorio sobre a figura de Luísa Villalta
A RAG fai deste 17 de maio unha reivindicación da obra de Villalta e do seu compromiso
17/05/2024 14:18
As académicas Ana Romaní e Margarita Ledo e o académico Euloxio R. Ruibal glosan con paixón a traxectoria da homenaxeada neste Día das Letras
O presidente da RAG, Víctor Freixanes, pide unha reflexión colectiva sobre o futuro do galego e insta á clase política a tomar a iniciativa ante unha situación que "preocupa"
Rueda reivindica o galego como "vínculo de unión" e destaca a "harmonía" do bilingüismo
17/05/2024 14:10
"O noso idioma é o fogar de todos os galegos, un fogar amplo, acolledor, que non pertence a ninguén ou, máis ben, pertence a todas e todos, a todo un pobo que o ama, deféndeo e cultívao", dixo o presidente da Xunta no acto celebrado polo Goberno galego no Teatro Colón da Coruña en homenaxe a Luísa Villalta
Queremos Galego clama nas rúas contra a situación "de emerxencia" do idioma
17/05/2024 14:00
Desde a plataforma de defensa da lingua galega reclaman o cumprimento do Plan Xeral de Normalización Linguística, aprobado hai 20 anos
Valentín García: "A lingua galega ten unha delicada saúde de ferro"
17/05/2024 10:06
O secretario xeral da lingua asegura que o sistema educativo garante o coñecemento do idioma
Valentín García cre que a perda de falantes entre a xente moza débese a que non usan o galego para socializar
O conselleiro de Lingua ofrece á oposición “un gran pacto” polo galego
14/05/2024 08:24
López prometeu diálogo "respectuoso e sincero" con todos os grupos
A maioría absoluta do PP no Parlamento tomba a proposta do Bloque para crear unha comisión de investigación sobre os contratos da pandemia
Estudantes de 22 centros coruñeses percorren as rúas en defensa da lingua galega
10/05/2024 14:27
Milleiros de escolares marcharon polo paseo marítimo na 24 edición do Correlingua
'Teito de cristal', 'cultura da cancelación' ou 'percebeiro' entran no dicionario da RAG
19/04/2024 10:06
A Real Academia Galega engade uns 40 termos e melloras na redacción dunha vintena de lemas
O Concello de Ferrol rectifica e publicará os contratos que licite en galego e español
11/04/2024 14:47
Os responsables locais escudábanse en que os servizos servizos lingüísticos do Concello "non tiñan capacidade suficiente"
Unha colaboración coa Xunta permitirá "reforzar esa acción de tradución"
O Concello de Ferrol redactará contratos "exclusivamente" en castelán por "axilidade administrativa"
11/04/2024 12:07
Desde o consistorio aseguran que isto suporá "unha redución de carácter inmediato de determinados trámites innecesarios"
18/03/2024 17:03
José Manuel Albares pediulle ao Partido Popular que apoie a reivindicación do Goberno para o uso do galego, catalán e éuscaro na UE
Escolares de dez concellos galegos celebran en Santiago o día da lingua materna
21/02/2024 14:16
A RAG pon o foco na educación para evitar a perda de falantes
Unha exposición recolle a historia do galego na liturxia
22/01/2024 20:23
Pódese visitar en San Martiño Pinario, en Santiago, ata o 29 de febreiro
'Cibercarracho', elixida Palabra do Ano 2023 na votación popular
27/12/2023 10:05
A palabra logrou máis do 40 % dos votos
O neoloxismo foi inventado no #DígochoEu da Televisión de Galicia
Cibercarracho, un termo inventado polo #DígochoEu, finalista a palabra do ano
14/12/2023 11:33
O neoloxismo fai referencia aos ciberdelincuentes que rouban datos ou mesmo cartos
As outras cinco finalistas son: cooficialidade, educación emocional, feitiño/a, dereitos humanos e biodiversidade
Cal será a palabra galega do ano? A RAG abre o prazo para enviar propostas
28/11/2023 14:50
O Portal das Palabras recolle as suxestións ata o 10 de decembro, despois votaranse as finalistas
Comadre, tanxugueiras, nós e sentidiño foron as vencedoras dos últimos anos
Albares: "A reforma lingüística circunscríbese ao caso de España"
24/10/2023 10:52
España defende que a incoporación do catalán, vasco e o galego á UE non se poderá trasladar ás posibles reivindicacións que poidan facer outras minorías nacionais
"Non creo que neste momento este sexa o tema número un que debamos discutir", advertiu Letonia
JxCat esixe unha "data de aprobación definitiva" do catalán na UE
Sémper resta importancia ao enfado de compañeiros por usar o éuscaro no Congreso
20/09/2023 14:27
Ana Pontón márcase como obxectivo conseguir que o galego sexa oficial tamén na UE
Puigdemont agradece a Albares o traballo para oficializar o catalán en Europa
O Congreso avala por maioría absoluta o uso do galego, o catalán e o éuscaro
19/09/2023 14:56
A reforma do Regulamento do Congreso ábrese á presentación de emendas, que o xoves serán votadas, e de non saíren adiante será xa definitiva a incorporación das linguas oficiais á actividade parlamentaria
Xosé Ramón Gómez Besteiro foi o primeiro en empregar o galego no hemiciclo; nese momento, os deputados de Vox abandonaron a cámara
Os 27 adían a decisión sobre o galego, catalán e éuscaro para avaliar os custos
19/09/2023 10:58
España propuxo empezar polo catalán para despois incluír as outras dúas linguas
A Generalitat di que o Goberno non cumpriu: "Foi á UE tarde e mal"
Europa debate este martes sobre o uso das linguas cooficiais
18/09/2023 18:32
A proposta ten que ser aprobada por unanimidade dos 27
Suecia, Finlandia e Eslovaquia xa amosaron reticencias ao uso das linguas cooficiais
As linguas cooficiais estréanse este martes no Congreso
18/09/2023 16:27
Poderanse escoitar con tradución simultánea as intervencións que fagan os deputados en galego, catalán e éuscaro
Os gastos do uso das linguas cooficais nos plenos que se celebren de aquí a finais de ano serán de case 280.000 euros
Haberá seis tradutores e distribuiranse auriculares aos 350 deputados
Europa debate este martes sobre o uso das linguas cooficiais
O galego e as outras linguas cooficiais poderán usarse no Congreso desde o martes
13/09/2023 12:07
A medida foi aprobada pola maioría progresista da Mesa da cámara baixa
A UE comeza a examinar a petición española para oficializar o galego, o catalán e o éuscaro
17/08/2023 18:24
España solicitou que se inclúa xa na axenda do próximo Consello de Asuntos Xerais do 19 de setembro