Publicador de contidos

Contido con Xeográficas Vigo .

Publicador de contidos

Contido con Xeográficas Vigo .

Vigo

Foto EFE

Bronce en dobres para o vigués Martín de la Puente e o madrileño Daniel Caverzaschi

06/09/2024 16:07

Impuxéronse á parella francesa formada por Federico Cattaneo e Stephane Houdet por 4-6, 6-4 e 10-5


Rescatan ilesos os dous tripulantes dunha embarcación que ardeu na ría de Vigo

06/09/2024 10:30

A Salvamar Mirach localizou a embarcación, que quedou case totalmente calcinada, e subiu a bordo os tripulantes, que foron trasladados sans e salvos ao peirao de Bouzas

Descoñécense polo momento as causas do sinistro


Foto EFE

Susana Rodríguez Gacio e a súa guía Sara Pérez, medalla de ouro en París

02/09/2024 12:58

Segundo ouro para a viguesa, que tamén logrou o mesmo metal en Tokyo 2020


Giráldez, contra o Vilarreal. EFE

Claudio Giráldez: "Estase vendo que xogue quen xogue o nivel é parello"

31/08/2024 17:00

O adestrador do Celta analizou o equipo de cara ao partido contra Osasuna

Fixo valoración do mercado e falou por primeira vez de Marcos Alonso


Óscar Mingueza, convocado pola selección: "É un orgullo, faime moita ilusión"

30/08/2024 12:28

A selección terá dous duelos da liga de Nacións: ante Serbia o xoves 5 de setembro e ante Suíza o domingo 8 de setembro

Categorías:  Vigo   Deportes   Celta

Marcos Alonso encara a Unai Núñez, e no vídeo Kevin chegando a Xixón.

As marchas de Unai e de Kevin abren a porta a Marcos Alonso

28/08/2024 15:55

O central volve ao Athletic nunha cesión con opción a compra non obrigatoria

O canteirán rescinde contrato e marcha ao Spórting de Xixón, onde firma por dous anos


Vivos de miragre en Vigo logo de caerlles o tellado da casa

27/08/2024 14:54

Os bombeiros consideran milagroso tamén que non se ferise ningún peón, porque o tellado caeu directamente na rúa

Categorías:  Galicia   Vigo   Sucesos
Etiquetas:  DERRUBA

Foto @RCCelta

O Vilarreal e o Celta miden o seu bo arranque na Cerámica e na TVG

26/08/2024 13:03

O Celta de Giráldez sumou en dous partidos os seis puntos que Rafa Benítez tardou nove encontros en celebrar

Categorías:  Vigo   Deportes   Celta
Etiquetas:  RC CELTA

Camiño con maleza

Un veciño denuncia que o Concello de Vigo non limpa a maleza do camiño da súa casa

23/08/2024 19:15

Contan que tiveron que modificar a entrada da súa vivenda para poder entrar no garaxe

Tras enviar unha chea de queixas ao concello de Vigo durante máis dunha década, solicitan unha solución canto antes


O Celta quere fichar a Stefan Bajcetic

21/08/2024 15:32

A fichaxe está condicionada á saída de xogadores

Xa está recuperado da lesión que o mantivo sen xogar durante practicamente toda a temporada pasada

Categorías:  Vigo   Deportes   Celta
Etiquetas:  RC CELTA

Detido un home en Vigo acusado de acoitelar un policía que o ía cachear

19/08/2024 19:27

O arrestado é un sospeitoso de dedicarse á venda de drogas polo miúdo


Hugo Álvarez buscará a confirmación nun Celta cheo de canteiráns

14/08/2024 13:16

Hugo Álvarez: "Claudio esíxeme máis a nivel defensivo, teño que mellorar"

Categorías:  Vigo   Deportes   Celta
Etiquetas:  RC CELTA

Giráldez e a canteira, aposta do Celta tras o fracaso de Benítez

12/08/2024 15:44

O Celta necesita novidades en defensa e en ataque, á espera de ver que ocorre con Kevin Vázquez, Tadeo Allende e Luca da Torre

Categorías:  Vigo   Deportes   Celta
Etiquetas:  RC CELTA

Marcelo Lusardi no 'skatepark' do Marisquiño

O Marisquiño arrinca este xoves e espera a chegada de varios 'skaters' olímpicos

07/08/2024 16:55

A festa contará con concertos e actividades e competicións de 'skate', BMX, baloncesto 3x3, 'breakdance', 'flatland' e graffiti

Ata dez deportistas de todo o mundo participarán na proba de 'skate' adaptado


A Xunta prevé que a rehabilitación dos antigos xulgados de Vigo comece a finais de ano e estea lista en 2026

06/08/2024 15:48

O Consello aprobou este luns a licitación por 19,4 millóns de euros

As instalacións pasarán a ser espazos de ocupación temporal por parte de asociacións e entidades sociais da cidade

Categorías:  Galicia   Vigo   Sociedade
Etiquetas:  INFRAESTRUTURAS

Salto ao mar desde o peirao en Vigo

Os expertos alertan dos perigos de saltar ao mar desde o peirao en Vigo

05/08/2024 16:06

Máis do 5 % das lesións medulares son como consecuencia de impactos sobre a auga

Etiquetas:  MOCIDADE   PEIRAO

Os accesos á ermida da Guía, en Vigo, seguen valados dous anos despois

02/08/2024 13:58

Os veciños da parroquia de Teis non apreciaron avances nin estudos neste tempo


A realizadora Carla Simón, na rodaxe de 'Romería' en Vigo (Mario Llorca / Elastica Films).

Comeza en Vigo a rodaxe de 'Romería', a terceira longametraxe de Carla Simón

02/08/2024 13:40

A directora catalá, Oso de Ouro en Berlín por Alcarràs, indaga no seu terceiro filme nas súas orixes galegas

Etiquetas:  CINE   RODAXE

O fotógrafo Magar, nunha entrevista en Televisión de Galicia en 2004.

Falece Magar, fotógrafo que deixa un dos maiores fondos de imaxes de Vigo

02/08/2024 10:59

Manuel García Castro, 'Magar', estivo ligado ao xornal Faro de Vigo desde os anos 60 ata a súa xubilación, no ano 2000


En Teis buscan campaneiro para que as campás poidan repenicar nas festas

01/08/2024 20:32

O último campaneiro morreu hai un ano e están tendo dificultades para atopar outro

Organizaron un concurso de campás e campaneiros, o que esperan que axude a crear interese por este oficio

Etiquetas:  FESTAS   TEIS

Restablecida a circulación na ponte de Rande tras o accidente dun camión

29/07/2024 22:04

O tránsito foi desviado polos carrís anexos que se construíron na última ampliación

Rexistráronse importantes retencións de tráfico a primeira hora deste martes en sentido Vigo


Lixo na praia de Samil (Europa Press)

Traballadores e concesionaria chegan a un preacordo e paralizan a folga de Parques e Xardíns de Vigo

29/07/2024 17:22

Os traballadores volverán aos seus postos este martes tras chegar a un acordo previo que inclúe revisión salarial

A próxima semana producirase outra reunión para seguir tratando outros temas que se recollerán no convenio colectivo


Detido un home en Vigo acusado de violar unha moza nun local de ocio

29/07/2024 15:57

A vítima é a filla dun amigo do suposto agresor


Vigo énchese de lixo tras quince días de folga dos traballadores de parques e xardíns

29/07/2024 14:09

Ampliáronse os servizos mínimos, que xuntan lixo pero non o retiran

Categorías:  Galicia   Vigo   Política
Etiquetas:  FOLGA LIXO

Instantánea do último concerto dos catro que karol G ofreceu no Bernabeu e que acabou en traxedia

O vigués que morreu tras o concerto de Karol G facía unha videochamada cando foi agredido

25/07/2024 13:03

Catro mozas que estaban no plano da videochamada comezaron a increpalo porque pensaban que as estaba gravando sen o seu consentimento

O agresor preguntoulle por que gravaba a súa noiva e propinoulle unha puñada á vítima, que caeu ao chan xa "inconsciente"

A moza da vítima presenciou todo o suceso porque permaneceu conectada durante toda a agresión

Categorías:  Galicia   Vigo   Sucesos
Etiquetas:  AGRESIÓN

Falece o vigués que foi agredido á saída do concerto de Karol G en Madrid

24/07/2024 20:39

Un home está detido acusado de homicidio imprudente


Chegan a terra 13 dos 14 superviventes do naufraxio nas Malvinas

24/07/2024 14:33

 4 mariñeiros seguen desaparecidos

O Goberno enviará un avión militar para repatriar os mariñeiros españois

O barco que afundiu nas Malvinas puido chocar cun bloque de xeo semisomerxido


Atopan o cadáver dun home nun piso de Vigo ao avisar os veciños dun cheiro forte

23/07/2024 15:54

A policía cre que se trata dunha morte natural, aínda que haberá que agardar pola autopsia

Etiquetas:  CADÁVER

O lixo amoréase na praia de Samil e en Bouzas pola foga do servizo de parques e xardíns

23/07/2024 14:36

Os empregados da UTE Zonas Verdes de Vigo levan nove días de folga indefinida

Categorías:  Galicia   Vigo   Sociedade
Etiquetas:  FOLGA LIXO

En primeiro termo (coas fiestras vermellas), edificio desde o que se precipitou o mozo (TVG)

Cae do tellado dunha casa en Vigo cando contemplaba os fogos de Bouzas

22/07/2024 10:03

Precipitouse por un buraco desde unha altura duns oito ou nove metros

Rescatouno a Policía Local nunha acción complicada porque o inmoble estaba tapiado e en obras


Os fans fixeron noite en Castrelos para conseguir entradas de platea para Aitana

19/07/2024 14:58

Os primeiros da longa ringleira de aspirantes agardaban desde onte a mediodía

Ás 9 da mañá empezaba a venda das 4.000 entradas de pago, a 15 euros 

O concerto do 3 de agosto permitirá o acceso libre á bancada do auditorio 

 

Categorías:  Galicia   Vigo   Sociedade

Inseguridade e sucidade por dous coches abandonados en Vigo

18/07/2024 14:18

Os vehículos levan xa moitos meses, incluso anos, sen moverse

Nas últimas horas a un deles roubáronlle as rodas. Os veciños e veciñas temen un aumento da delincuencia na zona, e piden a súa retirada 

Categorías:  Galicia   Vigo   Sucesos

Sálvanlle a vida a un home que caeu co coche ao mar no peirao de Bouzas

17/07/2024 14:41

Dous mozos pertencentes á Escola de Remo de Vigo salváronlle a vida a un home que apareceu aboiando boca abaixo na dársena de Bouzas. Por causas que se investigan, o seu coche caera ao mar minutos antes 

Ían a bordo da súa embarcación, ensinando a varios menores as tácticas deste deporte, cando os alertaron dende terra do sucedido

Etiquetas:  AFOGAMENTO

Rescatan con hipotermia un home que caeu co seu coche ao mar no porto de Vigo

15/07/2024 13:18

Os servizos de emerxencias atopárono flotando boca abaixo e trasladárono a un centro sanitario


Simulacro de despregadura da Armada na praia de Samil (EFE / Salvador Sas)

A Armada simula unha despregadura en Samil fronte a milleiros de espectadores

12/07/2024 18:45

O grupo de combate Dédalo realizou un exercicio de simulacro no que mobilizou tres barcos, catro avións, seis helicópteros e un batallón militar


Hugo Mallo nega que lle tocase os peitos á muller que facía de mascota do Español

11/07/2024 16:43

A muller, en cambio, afirmou que as mans do xogador foron aos seus peitos

A Fiscalía pide para o futbolista unha pena de 24 meses de multa, a razón de 12 euros ao día, e a acusación particular, outra multa de 24 meses, a razón de 20 euros diarios

Categorías:  Vigo   Deportes   Fútbol

Tres buques da Armada fan parada no Porto de Vigo

10/07/2024 22:15

O portavións Xoán Carlos I, o anfibio Galicia e a fragata Blas de Lezo pódense visitar ata este venres

Etiquetas:  ARMADA

Atascos en Vigo polo arranxo dunha fochanca na Gran Vía

10/07/2024 16:38

Os colapsos prodúcense no carril ascendente dende a rúa Urzaiz e chegan ata a autoestrada

Categorías:  Galicia   Vigo   Sociedade
Etiquetas:  OBRAS

Trasladado ao hospital un menor tras caer accidentalmente desde un segundo piso en Vigo

09/07/2024 14:04

O neno foi trasladado a un hospital e o seu prognóstico é favorable


Ringleira de xente en Castelos para mercar entradas

Fórmanse ringleiras en Vigo para conseguir entradas para o concerto de Dani Fernández

08/07/2024 15:56

Presencialmente véndense 4.000 entradas, mentres que as outras 1.000 poden conseguirse en liña

Etiquetas:  XENTE   CONCERTO
Publicidade
Publicidade