Publicador de contidos

Contido coa etiqueta emerxencias .

Publicador de contidos

Contido coa etiqueta emerxencias .

Emerxencias

A forza do vento da borrasca Bert desprenderon o teito da depuradora de Noia

A borrasca Bert deixa en Galicia case 700 incidencias, vento de 170 km/h e avisos por choiva intensa

24/11/2024 16:09

Xa se rexistraron ventos de máis de 170 quilómetros por hora en Carballeda de Valdeorras e o vento tira moitas árbores, pólas, cables, carteis e mobiliario urbano

Avisos laranxa por chuvia no litoral da Coruña e Pontevedra e por vento na Mariña e nas montañas de Ourense

Desde as 18 horas e ata a medianoite poden acumularse precipitacións de ata 40 litros por metro cadrado, e de 20 litros nunha hora

A Xunta pídelles ás federacións deportivas suspender as actividades ao aire libre nas zonas afectadas polo aviso laranxa


É necesario tomar precaucións polo vento e a chuvia porque poden ser fortes en momentos puntuais

24/11/2024 14:29

Aínda que non están prohibidas as actividade ao aire libre deben evitarse os deportes de montaña e os náuticos

A AXEGA recomenda limitar os desprazamentos e extremar a precaución nas estradas


Ferido un condutor que se precipitou á ría co seu coche dende a ponte das Pías, en Fene

21/11/2024 14:03

O ocupante logrou saír polos seus propios medios e chegou nadando a terra


Saír do coche o antes posible é a recomendación ante unha inundación

O Goberno quere incluír formación obrigatoria aos futuros condutores para saber actuar nunha emerxencia

12/11/2024 14:57

Dende a Confederación Nacional de Autoescolas agardan que esa formación vaia máis alá duns simples contidos teóricos e sexan cursos de sensibilización


Un bombeiro baleira auga en Massanassa (Valencia). REUTERS/Ana Beltrán

España pídelle á UE 100 equipos de bombeo e 50 especialistas para a DINA

09/11/2024 09:09

O Ministerio do Interior, a pedimento da Generalitat valenciana, activou o Mecanismo de Protección Civil da Unión Europea


Ampla mobilización dos servizos de emerxencias galegos cara a Valencia

08/11/2024 14:20

Seis membros de emerxencias de Vilagarcía, os primeiros na zona cero, destacan a solidariedade da veciñanza

Describen un panorama de desolación, un "escenario de guerra"

Etiquetas:  EMERXENCIAS   DINA

Como recibimos as alertas de Protección Civil

04/11/2024 16:06

Emiten un ruído estridente para avisar de posibles catástrofes nun territorio concreto


Segue a busca de persoas desaparecidas nas zonas afectadas pola DINA

02/11/2024 21:30

Unha muller foi rescatada con vida do interior do seu coche, onde quedara atrapada 

Os servizos de emerxencia buscan sen descanso, sobre todo, en garaxes e túneles


Reunión por videoconferencia dos servizos de Emerxencias e Protección Civil das administracións galegas

Xunta e institucións galegas envían profesionais a Valencia e Axega coordina a axuda

02/11/2024 15:47

O conselleiro da Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, anunciou que entre este domingo e o luns Galicia enviará a Valencia un dispositivo para axudar as zonas máis afectadas

Detalla que Medio Rural conta con 70 ou 80 persoas; Axega tamén ten grupos dispoñibles e "unha unidade da Policía Autonómica de rescate subacuático"


Unha unidade do GEAS en Paiporta. EFE/Biel Aliño

Continúa a busca de persoas entre os coches esmagados en Paiporta

02/11/2024 10:48

O Grupo Especial de Actividades Subacuáticas da Garda Civil tenta acceder aos vehículos cubertos de lama


Xente agardando na Cidade das Artes e das Ciencias este sábado. EFE/Manuel Bruque

Miles de persoas preséntanse voluntarias para axudar nos labores de limpeza

02/11/2024 08:35

A Generalitat coordina os grupos de voluntariado que estes días van traballar nas zonas afectadas


Vehículos sobre as vías do tren en Alfafar este venres. EFE/Kai Försterling

Restablecida a subministración eléctrica no 94 % dos puntos afectados

02/11/2024 08:08

Recupéranse a metade das 550.000 liñas telefónicas cortadas e instálanse equipos portátiles de conexión wifi 

Retiráronse máis de 2.000 vehículos danados e "centos de toneladas" de entullos e lodo das estradas

Restrinxida a circulación nas principais vías danadas polos asolagamentos ata última hora do domingo


Imaxes do dispositivo de busca da nena en Fisterra este sábado

Atopan nunha praia de Fisterra a mochila coa documentación da nena de Ordes desaparecida

26/10/2024 18:26

Buscan en cantís de acceso moi difícil por terra e con mergulladores da Garda Civil

En Fisterra, onde xa levan tres xornadas co rastrexo, rexistrouse o último sinal do seu móbil que aínda non apareceu


Os bombeiros actúan no tellado do edificio afectado polo incendio en Ourense

Desaloxan varias persoas no incendio dun edificio ocupado en Ourense

26/10/2024 16:51

As chamadas de veciños avisaron os servizos de emerxencias das lapas no inmoble situado na zona do Posío


Un simulacro de alerta masiva fará soar 300.000 teléfonos na Coruña e Arteixo

13/10/2024 14:05

A Axencia Galega de Emerxencias vai poñer a proba o vindeiro martes ás dez da mañá o sistema ES-ALERT


Comeza a caza sen límite de xabarís nos 260 municipios con emerxencia cinexética

12/10/2024 10:02

A medida afecta case o 85 % do territorio galego e estará en vigor ata o 23 de febreiro de 2023


A aeronave do 061 ardeu despois de estoupar

Cinco feridos como consecuencia do estoupido dun helicóptero do 061 andaluz

11/08/2024 14:40

O máis grave é o enfermo que ía ser trasladado polo helicóptero


Integrantes do equipo de busca do home desaparecido en Rairiz de Veiga este domingo

Segue a busca do veciño de Rairiz de Veiga con alzhéimer desaparecido desde o venres

21/07/2024 15:47

Un helicóptero súmase ao operativo para localizar o ancián, no que traballan a Garda Civil, Protección Civil, Axega con drons e veciños


No 2026 sairá a primeira convocatoria de especialistas en Medicina de Urxencias e Emerxencias

14/07/2024 17:00

 Os primeiros profesionais especialistas nesta área completarán a súa formación no ano 2030, segundo as previsións da Sociedade Española de Medicina de Urxencias e Emerxencias en Galicia

O presidente en Galicia desta sociedade médica considera que a medida vai axudar a mellorar a calidade asistencial nun servizo que é o máis afectado polo déficit de persoal
 


O avión de turismo cae sobre a autoestrada A4 en Seine et Marne en Francia cos tres ocupantes mortos

Tres mortos no accidente dunha avioneta sobre unha autoestrada en Francia

30/06/2024 18:40

Sucedeu na autoestrada A-4 en Seine et Marne, en Lognes, a uns 25 quilómetros de París

O accidente estaría relacionado coa colisión cunha liña de alta tensión en Seine et Marne

O aparello embestiu contra a medianeira, pero non chocou contra ningún dos vehículos que circulaba pola calzada


Acto de entrega das medallas de Protección Civil na Estrada, coa asistencia do presidente da Xunta

79 voluntarios recibiron as medallas ao mérito de Protección Civil por 25 anos de servizos

29/06/2024 17:32

No acto celebrado na Estrada, o presidente da Xunta, Alfonso Rueda, destacou que o Executivo galego investiu en Emerxencias máis de 22 millóns de euros desde 2009


Simulacros e demostracións na II Xornada de emerxencias e seguridade de Teo

22/06/2024 14:14

As forzas de seguridade amosan os seus equipos e fan simulacros de intervencións en incidencias e desastres

A xornada está dirixida a todos os públicos, pero sobre todo á cativada


Os bombeiros na extinción das lapas na nave hortícola incendiada en Tomiño

Un incendio arrasa unha nave hortícola en Tomiño e mobiliza bombeiros de Galicia e Portugal

11/05/2024 17:34

A Xunta activou o Plan Territorial de Emerxencias con efectivos do sur de Pontevedra e do norte de Portugal

A columna de fume era visible a máis de cinco quilómetros de distancia

 


Reivindican o papel dos psicólogos especializados en situacións de emerxencia

04/05/2024 21:08

Desde o Colexio de Psicoloxía reclaman que haxa profesionais deste ámbito tamén nos postos de mando avanzado onde se toman as decisións


Queda atrapado entre o tractor e o remolque e sae sorprendentemente ileso

14/03/2024 15:06

José estaba botando esterco nunha leira cando lle embarraron as rodas e o tractor pinou 

Mantivo a calma ata que foi rescatado polos efectivos de Emerxencias de Teo e Padrón 

Aos seus 75 anos di que vai seguir traballando co tractor porque os novos non o fan 


Dispositivos de mar e aire na busca dos dous menores (EFE)

Un amplo dispositivo busca dous menores que puideron caer ao mar en Gran Canaria

09/03/2024 20:07

Acudiran a pescar á baía, onde atoparon os seus obxectos persoais

Os efectivos buscan por terra, mar e aire os dous menores


Imaxes da DXT do tramo onde tivo lugar o suceso (EFE)

Dezaoito feridos nunha colisión de 30 vehículos na A-3 en Madrid

09/03/2024 19:07

Trece dos lesionados foron trasladados ao hospital, pero ningún caso foi grave


Falece unha persoa e cinco quedan feridas nunha colisión entre vehículos en Curtis

02/03/2024 16:40

Os bombeiros tiveron que liberar dous feridos e axudar a sacar do coche o finado

Un dos máis graves, trasladado ao hospital en helicóptero


Muro caído no barrio das Telleiras, en Ferrol (EFE/ Kiko Delgado)

Karlotta deixa máis de 270 incidencias con refachos de ata 200 km/h

08/02/2024 09:41

A caída de árbores interrompeu a circulación do tren Ferrol-Ribadeo e provocou atrasos na circulación do Eixo Atlántico 

Problemas no tráfico aéreo en Alvedro e na Lavacolla


Retoman a busca polo río Arenteiro da muller desaparecida no Carballiño

21/01/2024 15:23

Continúan pola zona de Godás, onde atoparon algunha pertenza da desaparecida

Tampouco hai novidades sobre o paradeiro de João Manuel Teixeira, veciño de Chaves desaparecido dende o 9 de xaneiro


Nave do polígono industrial de Rábade onde se atopou o cadáver

Rescatan dun sumidoiro o corpo sen vida dun home en Rábade

10/01/2024 10:26

O cadáver foi localizado no marco dun dispositivo de busca dun veciño desaparecido hai uns días

Apareceu a dous metros de profundidade no polígono industrial da localidade en avanzado estado de descomposición


Máis dun cento de mortos no noroeste da China por un tremor de magnitude 6

19/12/2023 01:14

Son xa máis de 110 os falecidos e máis de 200 os feridos, segundo medios locais

O epicentro situouse na provincia de Gansu e o hipocentro, a uns 10 quilómetros de profundidade

Os servizos de rescate buscan persoas atrapadas entre os cascallos dos edificios que se viñeron abaixo


Contenedores nos que se atopou o bebé en Mallorca (EFE/Miquel A. Borràs)

Detidas tres persoas por botar unha bebé a un colector de lixo en Mallorca

05/11/2023 16:39

Unha das detidas é a muller que deu a luz a bebé 

A Policía Xudicial continúa investigando as circunstancias que arrodean o caso


Falece un bebé en Mallorca que foi tirado a un colector do lixo

02/11/2023 20:50

Os servizos sanitarios non puideron facer nada para salvarlle a vida

O caso está baixo investigación policial


Unha empresa galega desenvolve un software para actuar en incendios

15/10/2023 13:42

 O software de Beagle Technologies crea mapas en tres dimensións en tempo real

A aplicación facilita a toma de decisións en situacións de emerxencia


Solicitadas 131 batidas en once días de emerxencia cinexética polo xabaril

27/09/2023 17:16

A declaración de emerxencia afecta o 80 % do territorio galego

Durante a tempada de caza 2021-2022 capturáronse máis de 18.000 xabarís

Os avisos por niños de vespa velutina aumentaron case un 60% con respecto a 2022


Vía libre para cazar xabarís na maior parte do territorio galego

16/09/2023 12:31

Entrou en vigor a emerxencia cinexética ata o 25 de febreiro de 2024

Permítese a captura de exemplares sen límite en 248 concellos de Galicia


Emerxencia cinexética para cazar xabarís "sen límite" no 80 % de Galicia

13/09/2023 13:26

Esta medida excepcional, que entrará en vigor este sábado ata o 25 de febreiro de 2024, tómase tras máis de 4.000 avisos a anterior campaña

Esta decisión provisional estará en activo desde este sábado 16 ata o 25 de febreiro de 2024, fin da tempada de caza


Rescatan unha muller que caeu nunha tumba aberta no cemiterio de Castrelo de Miño

03/09/2023 13:54

Precipitouse uns cinco metros, polo que os servizos de emerxencias a retiraron nunha padiola

Estaba a colocar flores cando caeu no interior


Praia de Montalvo, en Sanxenxo, coa bandeira vermella este sábado para limitar o baño

Rescatan na praia de Montalvo, en Sanxenxo, dous menores que non lograban volver a terra

12/08/2023 19:11

Os rapaces de 10 e 12 anos estaban na canle entrada de embarcacións e as condicións do mar impedíanlles regresar ao areal

Tamén foi rescatado un home de 50 anos en Bascuas ao desprazarse cara ás rochas o inchable en que se atopaba

Publicidade
Publicidade
— 40 Resultados por páxina
Mostrando o intervalo 1 - 40 de 62 resultados.