Novas
Contido coa etiqueta .
Policía Nacional
Desartellada unha organización criminal que asasinou un home en Cataluña
17/11/2024 14:58
Hai catorce detidos, entre eles, o líder da organización criminal
A rede, ao parecer, dedícase ao narcotráfico e está relacionada co cártel mexicano de Sinaloa
A vítima, un home de 46 anos, apareceu morta nun monte de Tarragona
Soben a 227 as vítimas mortais pola DINA e 13 persoas seguen desaparecidas
17/11/2024 08:34
Este domingo localizaron o corpo sen vida dun home no municipio de Riba-roja
16/11/2024 18:56
A avogada Yolanda Borrás insiste na necesidade de máis axentes de seguridade para preservar que se cumpran as ordes de afastamento e as vítimas se sintan seguras
Interceptan un pesqueiro con 4.500 quilos de cocaína que se dirixía a Galicia
15/11/2024 15:36
O 'Gloria Figueroa', de bandeira panameña, estivera vixiado pola Policía Nacional no Porto de Vigo polas sospeitas de que puidera estar relacionado co narcotráfico
Os GEO, nunha operación en colaboración coa DEA, detiveron aos 15 tripulantes do pesqueiro, dos que o capitán é de nacionalidade francesa e o resto ecuatorianos
A operación segue aberta, e a droga incautada tería un valor no mercado duns 80 millóns de euros
Detido o xefe de branqueo da Policía Nacional en Madrid con 20 millóns emparedados
08/11/2024 17:07
O arrestado e os outros 14 detidos no operativo xa están en prisión preventiva
A detención é a segunda fase da operación en Alxeciras que supuxo a incautación do maior alixo de cocaína da historia en España
A rede de narcotráfico que caeu na Costa da Morte agochaba 8,5 quilos de droga
03/11/2024 11:49
A operación, denominada Ballena, rematou con once persoas detidas e catro delas ingresaron en prisión
As forzas de seguridade realizaron dez rexistros en Corcubión, Carballo, Muros e na Illa de Arousa
A Policía detén vinte persoas máis por roubos en lugares devastados pola choiva
03/11/2024 10:35
Ata o momento as forzas e corpos de seguridade arrestaron 120 persoas por actos de pillaxe, roubos ou saqueos tras o desastre
Liberadas trece vítimas de explotación laboral que coidaban anciáns as 24 horas
20/10/2024 10:45
Detidos en Sevilla e Cádiz oito responsables dunha rede colombiana de trata de seres humanos que as tiñan ameazadas
Dous detidos pola morte de dúas persoas calcinadas nunha antiga sucursal bancaria de Logroño
18/10/2024 13:10
Os falecidos, ao igual que os detidos, frecuentaban o local para durmir
As primeiras investigacións determinaron que os corpos calcinados dun home e unha muller, aínda sen identificar, presentaban indicios dunha morte violenta
Desmantelada unha banda que asaltaba establecementos de automoción en Pontevedra
18/10/2024 10:57
Foron arrestados dous veciños de Caldas de Reis con antecedentes por roubos, e un deles ingresou en prisión
A Garda Civil atribúelles cinco roubos con forza perpetrados en setembro en Pontevedra, Moraña e Cercedo-Cotobade
Detido un profesor de relixión acusado de agredir sexualmente seis nenos en Valencia
18/10/2024 10:36
A policía rexistrou o lugar de traballo e o domicilio do arrestado e tomoulles declaración aos seus compañeiros e á súa contorna familiar
Detido un home en Lugo acusado de ferir unha muller cunha navalla e fuxir
12/10/2024 17:34
A agresión produciuse durante unha discusión entre catro persoas
A Policía investiga as causas da morte dunha muller no seu piso en Santiago
12/10/2024 00:05
Segundo fontes da TVG, a causa do falecemento foi unha lesión provocada por arma branca no peito
Detidos pai e fillo na Coruña tras fuxir da policía por un caso de violencia machista
11/10/2024 09:55
O detonante da persecución foi a denuncia contra o pai, quen ten pendente unha orde de ingreso en prisión, por ameazas á súa exparella
Liberadas 21 mulleres explotadas sexualmente nun operativo con seis detidos en Galicia
01/10/2024 11:06
A banda chegou a vendelas a outros tratantes por 1.000 euros
As mulleres eran captadas mediante enganos e obrigadas a prostituírense para saldar a débeda contraída cos seus raptores, duns 7.000 euros
Detido en Lugo tras acoitelar, por erro, o camareiro dun bar
01/10/2024 09:46
O presunto agresor asegurou que confundira a vítima co porteiro doutro local que acababa de botalo do establecemento
A vítima permanece ingresada no HULA con feridas no peito e nun ombro
Detidas doce persoas, unha delas na Coruña, por distribuír pornografía infantil en Internet
30/09/2024 11:17
O principal investigado, un profesor de inglés, gravaba as alumnas durante as clases e tamén os seus fillos xogando espidos
Hai dez vítimas identificadas, de entre os 13 e os 17 anos
Brutal agresión no centro de Ourense polo suposto roubo dun móbil
29/09/2024 21:04
Tres persoas patearon un home na rúa porque supostamente lle quitou o teléfono a unha muller alegando que pretendía gravalo
Tres presuntos agresores foron identificados e postos a disposición xudicial por un delito de lesións
O ferido foi trasladado ao hospital cunha fenda na cabeza
25/09/2024 10:01
O arrestado introduciuse no vehículo, que o condutor e pai da familia deixara aceso coas chaves postas, e ameazounos cun coitelo
A xuíza decretou o seu ingreso en prisión provisional, comunicada e sen fianza
Alertan dunha carta falsa da Seguridade Social para roubar datos bancarios
24/09/2024 14:10
A Tesourería da Seguridade Social advirte do calote
Vai dirixida a xubilados aos que intentan enganar dicindo que van pagar unha suba nas pensións
A Policía Nacional busca un home de 82 anos que desapareceu o xoves en Santiago
20/09/2024 14:22
Está enfermo de párkinson e os seus familiares cren que se puido desorientar
Case 300 policías nunha macrooperación contra o narcotráfico en Madrid e Toledo
13/09/2024 12:23
A operación mantense aberta e baixo segredo de sumario e polo momento descoñécese o número definitivo de persoas arrestadas e os estupefacientes intervidos
Prisión para un dos catro detidos no operativo contra o narcotráfico no Salnés
12/09/2024 14:16
A titular do Xulgado Número 2 de Caldas de Reis acordou tamén a posta en liberdade sen medidas cautelares dos outros tres detidos no marco da operación Horda
Deteñen catro persoas na provincia de Pontevedra nunha operación contra o narcotráfico
Á prisión unha muller que matou supostamente o seu bebé de catro meses porque choraba
12/09/2024 08:59
Na súa declaración, indicaron fontes policiais, a muller diría que o bebé non paraba de chorar e que foi entón cando tivo lugar o presunto homicidio
A detida tamén declarou estar moi arrepentida do ocorrido e que ese día bebera
Un coche da policía atropela tres persoas en Madrid nunha saída de vía
08/09/2024 22:39
Os feridos son un bebé e dúas mulleres, que tiveron que ser hospitalizados
Os axentes acudían á chamada doutra patrulla para facer unha detención
Portugal activa unha orde de detención internacional tras a fuga de cinco presos perigosos
08/09/2024 18:42
Protagonizaron o sábado unha fuga de película nun cárcere situado a 70 quilómetros ao norte de Lisboa
Contaron coa axuda do exterior, desde onde lles proporcionaron unha escada para subir por dous muros e agardaron por eles con dous coches para escapar
Detidos seis homes en Lugo por ter traballando empregados sen contrato
05/09/2024 11:44
Os afectados dedicábanse a repartir pedidos a domicilio a través dunha plataforma en liña
Os detidos foron postos a disposición xudicial por un presunto delito contra a seguridade dos traballadores
A Policía Nacional libera tres vítimas de explotación sexual na Coruña
05/09/2024 09:50
As mulleres eran obrigadas a exercer a prostitución nun piso da cidade, debendo estar dispoñibles as vinte e catro horas do día e os sete días da semana
Catro persoas foron postas a disposición xudicial como responsables desta rede criminal, aínda que a investigación continúa aberta e non se descartan futuras detencións
Entrégase á policía o autor confeso da morte da súa parella en Castelló
03/09/2024 08:38
A vítima, unha muller de 47 anos, tivera unha orde de protección activa ata maio de 2023 e xa fora vítima de malos tratos nunha relación anterior
A policía investiga o sucedido como un caso de violencia machista
01/09/2024 13:59
O home, duns 60 anos, está hospitalizado tras recibir golpes na entrada do seu piso
Cae unha rede que introducía cocaína de Colombia a Málaga impregnada en caixas de froita
25/08/2024 11:29
Foi unha operación conxunta con axentes da Policía Nacional, Policía Nacional de Colombia e Europol
O líder dunha rede internacional de ciberdelincuencia foi detido en Estepona
17/08/2024 13:45
A Garda Civil estivo ao cargo desta operación en España, dirixida contra unha banda que se dedicada á extorsión informática
Buscan un home desaparecido na contorna de Conxo desde o pasado 5 de agosto
14/08/2024 14:08
A investigación corre a cargo da Policía Nacional de Santiago, en colaboración coa Policía Autonómica, cun operativo de busca terrestre e aéreo para tentar dar co seu paradoiro
A Policía Nacional detén un dos maiores distribuidores de haxix en Santiago
02/08/2024 13:47
Unha longa investigación permitiu a exitosa operación antidroga
Unha nai con orde de detención en Portugal leva o seu fillo dun hospital vigués
27/07/2024 13:49
A policía española non puido detela porque non había unha orde europea de detención
O pai detido por agredir o seu bebé en Mallorca tamén maltratou a nai
25/07/2024 11:53
O bebé segue ingresado no hospital e presenta múltiples fracturas e lesións craniais, pero a súa vida non corre perigo
Morre un home de 88 anos afogado na praia coruñesa de Riazor
23/07/2024 11:57
Un socorrista conseguiu sacalo da auga, pero os servizos de emerxencias non puideron salvarlle a vida
Cae do tellado dunha casa en Vigo cando contemplaba os fogos de Bouzas
22/07/2024 10:03
Precipitouse por un buraco desde unha altura duns oito ou nove metros
Rescatouno a Policía Local nunha acción complicada porque o inmoble estaba tapiado e en obras
Detidas 15 persoas, unha delas na Coruña, polo calote do fillo en apuros
20/07/2024 10:13
Cinco delas xestionaban contas, captaban "mulas" e repartían beneficios, e as dez restantes facían de "mula informática"
A Policía Nacional considera que forman parte dunha das principais redes dedicadas a esta estafa
Cae en España e noutros sete países a maior rede de narcoveleiros do mundo, con 50 detidos
19/07/2024 09:32
Durante a operación Mentor, en que participaron once países, interviñéronse 1.500 quilos de cocaína, oito embarcacións, 36 vehículos e máis de 85 terminais telefónicos
O grupo preparaba dous veleiros para recibir 2.000 quilos de cocaína