Novas
Contido con Xeográficas .
A Pobra Do Caramiñal
Rouba a machadazos unha máquina expendedora na Pobra do Caramiñal
24/10/2024 14:08
Os estragos e perdas ascenden a máis de 1.500 euros
Os donos están desesperados, pois é o terceiro roubo nunha semana nos diferentes negocios que rexentan
Once persoas marchan sen pagar a cea nunha terraza da Pobra do Caramiñal
06/09/2024 14:41
Eran dúas familias con nenos que escaparon de xeito organizado
Deixaron un pufo de 320 euros en marisco e viño
Dous rescates con helicóptero en menos de 24 horas nun río da Pobra
06/08/2024 15:59
Ambos os dous esvararon e caeron nas rochas, un deles desde 25 metros de altura
Homenaxe a Diana Quer e a todas as vítimas da violencia machista na Pobra
28/07/2024 14:39
O pai e a irmá da moza asistiron ao acto de descuberta dunha estatua na súa honra na vila
Deteñen catro persoas en varios operativos contra o tráfico de drogas en Boiro e A Pobra
29/06/2024 11:44
Aos detidos os axentes da Garda Civil requisáronlles distintas cantidades en pequenas bolas de heroína, marihuana, cocaína e mesmo crak
Dous estafadores foxen dunha gasolineira despois de non conseguir o seu obxectivo
10/06/2024 16:50
Intentaron encher o depósito de combustible e marchar sen pagar na Pobra do Caramiñal
Finalmente fuxiron con produtos que roubaran na tenda
Volven queimar colectores de lixo na Pobra do Caramiñal
05/06/2024 14:21
Qeimaron dous colectores de lixo de madrugada, os dous na zona urbana
É a cuarta vez que queiman colectores de lixo na vila en pouco máis de tres meses
Un veciño da Pobra recupera unha vivenda tras máis de catro meses ocupada
24/05/2024 14:15
Os ocupas realugábana e exercían nela a prostitución
O propietario vai crear unha asociación de afectados na comarca do Barbanza
Un pirómano atemoriza A Pobra do Caramiñal
15/05/2024 14:11
Provocou catro incendios na vila en menos dun mes
A Garda Civil abriu unha investigación para dar co autor dos incendios intencionados
A Garda Civil detén un veciño da Pobra acusado de tráfico de drogas
01/05/2024 14:25
Incautáronlle 20 gramos de cocaína e 2,5 de heroína
Quedou en liberdade con cargos á espera de xuizo
Incendio de catro colectores de lixo na Pobra do Caramiñal
30/04/2024 13:52
É o segundo suceso similar nos últimos días na vila do Barbanza
O cadáver dun veciño da Pobra leva tres meses esperando a ser enterrado
19/04/2024 14:08
Nestes casos a lei di que é o Concello quen debe asumir os gastos do enterro
Veciños da Pobra do Caramiñal claman contra as obras de apropiación dun camiño público
18/04/2024 10:00
Son uns corenta prexudicados directamente que non poderían acceder aos seus terreos na Crocha de Levante
Denuncian o que consideran atropelo por parte dun veciño e quéixanse da falta de resposta á denuncia que presentaron no Concello hai seis mes
11/04/2024 08:58
Os axentes interceptaron un individuo xusto despois de que este adquirise unha importante cantidade de droga para a súa distribución e no seu poder atoparon un total de 1.118 doses de heroína
Detidas cinco persoas por unha vaga de roubos na Pobra do Caramiñal
22/11/2023 10:04
Impútaselles a autoría de 25 delitos de roubo con forza nunha casa habitada, locais de hostalería (bares e restaurantes), vehículos e unha embarcación de pesca
A cuantía do material subtraído durante os roubos supera os 9.000 euros
As Carrouchas, na Pobra do Carmiñal, unha vida sen auga nin saneamento públicos
12/09/2023 14:51
Levan oito anos solicitando o servizo no Concello da Pobra do Caramiñal
A situación é insostible porque pola seca os seus pozos están secando
O Concello informa que para o próximo verán podería estar o servizo de auga
Boas expectativas de vendima no Barbanza, cun 15 % máis de produción
11/09/2023 13:51
Superaron os ataques de mildio e probaron a eficacia dunha rede contra velutinas
As cinco adegas da IXP Viños do Barbanza agardan vendimar uns 55.000 quilos
Un arroaz, pescando nunha praia da Pobra do Caramiñal
24/08/2023 12:54
Imaxes de golfiños pescando son difíciles de conseguir e menos a carón dos areais
Rouban por quinta vez nun bar do centro da Pobra do Caramiñal
13/07/2023 14:05
Os ladróns levaron os cartos das propinas, botellas de alcol e ata os ovos que había na cociña
O dono calcula que o botín anda polos 300 euros e di que o peor é ter que reparar os estragos que causaron ao entrar no local
Morre un home de 50 anos nun atropelo na Pobra do Caramiñal
12/05/2023 09:35
O condutor non o viu porque a vítima estaba tendida sobre o asfalto sen roupa reflectora
A autopsia determinará se o home sufrira unha indisposición previa ao atropelo
Concentración de barcos bateeiros na Pobra para reclamar unha solución ao conflito da mexilla
01/05/2023 14:53
Chegaron procedentes de todos os portos de Arousa para sumar na Pobra na súa demanda: que se retire a normativa que deixa en mans das confrarías a xestión da mexilla
Dous mozos atropelan un peón, caen ao río e foxen na Pobra do Caramiñal
02/04/2023 20:28
Perderon o control do vehículo e despois de varias voltas de campá levaron por diante un home
Afúndese un pesqueiro na Pobra do Caramiñal
22/02/2023 13:09
Os tres tripulantes foron rescatados ilesos por un bateeiro que traballaba na zona
O BNG presenta a candidatura nas municipais da Pobra
05/02/2023 21:44
Amparo Cerecedo será a cabeza da lista na localidade do Barbanza
Ingresa no cárcere o acusado de incendiar a súa vivenda na Pobra coa parella dentro
14/01/2023 12:42
A muller, con problemas de mobilidade, tivo que ser rescatada das lapas
Os feitos están a ser investigados como un caso de violencia machista
Pasa a disposición xudicial o acusado de provocar un incendio nunha casa da Pobra do Caramiñal
13/01/2023 14:40
A Garda Civil segue coas pescudas do caso que se trata como violencia de xénero
Investigan por violencia machista o home da Pobra que incendiou a casa coa muller dentro
12/01/2023 20:51
O home está detido á espera de pasar á disposición do xulgado de Ribeira
Detido un home por prenderlle lume a casa na Pobra do Caramiñal coa muller dentro
12/01/2023 11:24
O caso está sendo investigado como violencia machista. O detido prendeu o lume cando a muller, impedida, xa estaba na cama
A propietaria que vive no primeiro andar foi a que alertou os servizos de emerxencias
En Vedra tamén se rexistrou un incendio provocado nunha vivenda
O bar que se compara cunha cidade, falando de luces de Nadal
26/12/2022 21:27
Din neste local da Pobra do Caramiñal que, mirando por metro cadrado, teñen máis luces ca Vigo
Segue a vixilancia na ría da Arousa pola presenza de manchas de fuel no litoral da Pobra
18/12/2022 10:12
Capitanía Marítima e Salvamento Maríitmo manteñen o nivel de emerxencia 1 na ría, malia que o volume dos restos de hidrocarburo detectados era de "escasa entidade"
Xa se retiraron os restos na enseada da Pobra
A Plataforma en Defensa da ría da Arousa pídelle ao Goberno e á Xunta información sobre a vertedura localizada o martes na Illa
O lume arrasa o interior dunha casa abandonada da Pobra do Caramiñal
16/12/2022 14:07
As lapas asomaban xa polas portas e ventás cando chegaron os efectivos de emerxencias
Temíase que unha persoa sen fogar que se instalara na vivenda puidese estar dentro
Desmantelan un punto de venda de droga coa detención dun veciño da Pobra
12/11/2022 12:21
A operación da Garda Civil de Boiro rematou co envío do arrestado ao cárcere
Os axentes incautáronse de dez quilos de pole de haxix e 156 doses de cocaína
Un enfermeiro no paro e un policía nacional sálvanlle a vida a un ancián que sufrira un infarto
04/11/2022 13:09
Reanimárono durante 20 minutos, ata que chegaron os servizos de emerxencias e lograron que recuperara o pulso
A familia do ancián agradece a súa acción providencial
Dan por seguro que os restos achadados en Cabío son do veciño desaparecido en 2008
02/11/2022 14:01
Crese que a variación da vexetación polo crecemento das árbores deixou ao descuberto o esqueleto do octoxenario da Pobra do Caramiñal desaparecido hai case quince anos
Milleiros de fieis asisten na Pobra do Camariñal á procesión das mortallas
18/09/2022 13:59
A tradición de desfilar cos cadaleitos remóntase ao século XV
Este ano houbo catro féretros ofrecidos, menos ca noutras edicións
Usuarios da Pobra, farmacia incluída, levan sen Internet e sen teléfono fixo varias semanas
06/09/2022 14:06
As afectadas quéixanse da atención e da inacción da operadora de Telefónica.
Preoupación pola cinza do Barbanza que arrastra a choiva ao mar
06/09/2022 13:56
Haberá que esperar varios días para ver a afectación nos bancos marisqueiros
As confrarías da Pobra e Cabo de Cruz, vixiantes ante os sedimentos que arrastran os ríos
Flores para Diana Quer no sexto aniversario do seu asasinato
22/08/2022 20:26
O pai da moza madrileña pídelle ao alcalde da Pobra unha placa de recordo
Unha liorta nas festas da Pobra deixa varios feridos, entre eles un policía local
22/08/2022 14:36
O suceso produciuse nunha durante a madrugada do sábado, nos San Juerguines, paralelos á Festa do Carme
Seis anos do asasinato de Diana Quer: "Bicos e rosas ao ceo"
21/08/2022 09:31
Desapareceu en Boiro o 22 de agosto de 2016 tras pasar a noite nas festas da vila con amigos
A confesión do autor do crime, o Chicle, permitiu atopar o corpo da moza, o 17 de decembro de 2019, 500 días despois da desaparición nunha nave abandonada