Publicador de contidos

Contido coa etiqueta bng .

Publicador de contidos

Contido coa etiqueta bng .

Bng

BNG e PP sacan adiante no Senado unha moción para a modernización ferroviaria galega

20/11/2024 16:50

A iniciativa aposta por implantar servizos ferroviarios de proximidade, comezando polos eixos A Coruña-Ferrol e Vigo-Pontevedra, e pide acelerar a tramitación dun estudo de viabilidade para a conexión ferroviaria entre Lugo e Santiago de Compostela

Ao texto orixinal do BNG sumouse unha emenda do PP para garantir o acceso de Lugo e Ferrol á rede ferroviaria de alta velocidade

Reclama, ademais, ao Goberno español coordinarse co portugués para a "priorización e axilización" do denominado corredor de alta velocidade Vigo-O Porto


O Goberno segue negociando cos socios para evitar a derrota na votación do paquete fiscal

19/11/2024 14:58

O PSOE ve posible deseñar un imposto ás enerxéticas que contente a Junts e a Podemos

A Comisión de Facenda aprobou o ditame da lei, pero votou en contra da maioría de impostos propostos polo Goberno


José López Campos, conselleiro de Cultura, Lingua e Mocidade esta mañá

O Parlamento de Galicia aproba lei para garantir unha cultura inclusiva e accesible

19/11/2024 14:03

A norma aprobada polos deputados do PPdeG, dispuxo de maioría neste hemiciclo, pero coa abstención do BNG e PSdeG


O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, na sesión de control do Parlamento de Galicia

Galicia contará en 2025 cunha lei contra a violencia dixital

19/11/2024 09:06

Galicia será a primeira comunidade de España en contar con esta ferramenta para combater a violencia machista en Internet, segundo anunciou no Parlamento Alfonso Rueda

O secretario xeral do PSdeG pídelle ao presidente galego "determinación" para loitar contra a "emerxencia real" que supón a violencia machista

Pontón ameaza a Rueda con ir aos tribunais se o PP non levanta o veto ao plan de traballo do BNG na comisión que investiga os contratos da Xunta
 


TVG

O Parlamento rexeita a devolución dos presupostos da Xunta para 2025 que pedía a oposición

18/11/2024 08:42

Tanto as emendas de totalidade presentadas polos grupos do PSdeG e do BNG como as particulares presentadas polo Bloque foron rexeitadas pola maioría absoluta do PPdeG co mesmo resultado de votos: 34 a favor, 38 en contra e unha abstención

A Xunta convocará este ano 593 prazas de acceso libre para a Administración xeral

 


A taxa turística en Galicia será de 1 a 2,5 euros por un máximo de cinco días

16/11/2024 17:04

O PPdeG faculta, vía emenda, crear o imposto autonómico que os concellos poderán aplicar de xeito voluntario

Tamén se gravará o fondeo e amarre de embarcacións de cruceiro cando fagan escala nun porto da comunidade

O gravame estará habilitado para que poida ser aplicada a partir do 1 de xaneiro de 2025


Ana Pontón durante a súa intervención no Consello Nacional do BNG

O BNG celebra en decembro a súa asemblea co reto de ser hexemónica en Galicia

16/11/2024 13:36

Ana Pontón asegura que o BNG non ten teito e debe ensanchar a súa base social

Críticas a Alfonso Rueda e Núñez Feijóo na reunión deste sábado do Consello Nacional

 

Categorías:  Galicia   Política
Etiquetas:  ANA PONTÓN   BNG

O BNG apela á mobilización este domingo para "cambiar o rumbo do galego"

15/11/2024 13:45

A dirixente do Bloque confía en que sirva para convencer a Xunta da necesidade de poñer en marcha novas “políticas” en favor da lingua


O BNG aposta por mellorar o ensino en galego na infancia

13/11/2024 14:36

Pontón considera que a nosa lingua vive unha "situación crítica", pero aínda é "reversible"

Reclaman que a cativada saia da educación obrigatoria tendo plena competencia lingüística nos dous idiomas


Ana Pontón reuniuse coa dirección da Real Academia Galega, encabezada por Victor F. Freixanes. EFE/Cabalar

O BNG considera "unha estafa" o decreto do plurilingüismo e pide a súa derogación

11/11/2024 15:52

Os nacionalistas demandan máis fondos para o impulso do galego e a aplicación dun plan de normalización lingüística


Ana Pntón durante a entrevista con EFE

O BNG condiciona o apoio aos orzamentos do Estado ao cumprimento da "axenda galega"

09/11/2024 10:22

Ana Pontón destaca que o Goberno ten que cumprir os acordos de investidura para lograr o apoio do Bloque aos presupostos

Categorías:  Galicia   Política
Etiquetas:  ANA PONTÓN   BNG

Comisión de investigación de contratos da Xunta, 8 de novembro de 2024. Europa Press

O PP aproba en solitario o seu plan para a comisión de contratos: estarán citados Rueda e Illa, pero non Feijóo

08/11/2024 18:50

Para BNG e PSdeG, trátase dun "veto" claro por parte do grupo maioritario, que ten "algo que ocultar"


Reunión da portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, coa directora executiva do comité español de UNRWA, Raquel Martín (BNG).

Pontón urxe unha reacción internacional para terminar co "xenocidio" israelí e que a axuda chegue a Palestina

07/11/2024 13:58

A portavoz nacional do BNG lamenta que a vitoria de Donald Trump nos Estados Unidos vai reforzar o seu apoio ao Goberno de Benjamin Netanyahu

Categorías:  Galicia   Política

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, durante a sesión de control do Parlamento de Galicia  (EFE / Lavandeira jr)

A Xunta elevará en 2025 os límites de renda para acceder a unha vivenda pública

06/11/2024 08:36

Rueda  di que "non é normal" que unha parella cun fillo que gañe 24.000 euros non poida acceder a unha vivenda deste tipo nunha zona urbana

O voceiro do PSdeG denuncia que Galicia ten "un problema de emerxencia habitacional"  e pídelle á Xunta que cree un "banco público de vivendas en alugueiro"

A Xunta ampliará o ano que vén a vacinación contra o virus do papiloma aos mozos de ata 21 anos

Pontón acusa ó PP de "boicotear" a comisión de investigación dos contratos da Xunta e reclama o "rescate" o hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo


Arquivo

A oposición pide que comparezan familiares de cargos do PP na comisión de investigación do Parlamento

28/10/2024 12:00

O BNG solicita a comparecencia de Feijóo, de Rueda, de todos os conselleiros de Sanidade que exerceron canda eles e de familiares de altos cargos do PP

Os socialistas piden que declaren a deputada do PP Paula Prado e o seu home e os conselleiros de Economía María Jesús Lorenzana e Francisco Conde


O BNG pide que comparezan todos os conselleiros de Sanidade que relaciona co "sobrecusto" do Cunqueiro

26/10/2024 13:52

A lider do BNG Ana Pontón di que o seu partido presentará o vindeiro luns un plan de

O BNG reclámalle á Xunta que remate a autovía AG-55

25/10/2024 14:54

Tamén esixen que se eliminen as peaxes da autoestrada entre Carballo e A Coruña


Unanimidade no Parlamento de Galicia para instar o Goberno a incluír Lugo e Ferrol na alta velocidade ferroviaria

23/10/2024 12:17

Pese ao acordo, os grupos intercambian acusacións: o PPdeG tacha a Puente de "soberbio" e a oposición, a Rajoy de "esquecer Galicia"


O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, este mércores durante a sesión de control no Parlamento (EFE / Lavandeira jr)

Rueda anuncia unha nova OPE en Educación en 2025 con máis de mil prazas

23/10/2024 08:35

Pontón acusa a Rueda de "facerlle bullying ao galego" e di que acudirá á reunión de mañá co conselleiro de Lingua "coa mellor das disposicións"

Besteiro acusa o presidente de deseñar uns orzamentos "grises e pouco ambiciosos" e con agasallos fiscais "aos que máis teñen"


Aprobada a lei de recursos naturais, a primeira da lexislatura, co voto en contra da oposición

22/10/2024 08:28

Nacionalistas e socialistas coincidiron en votar en contra desta lei, que consideran unha "oportunidade perdida" para regular a explotación de recursos naturais

Os populares defenderon que a lei cumpre o seu obxectivo de "garantir que calquera proxecto de renovables redunde en beneficios directos e medibles para o conxunto da poboación"

O PPdeG rexeita tramitar unha iniciativa para declarar de interese xeral o sector do mar


Rueda responde a Puente sobre a transferencia da AP-9: "A vontade política é tremendamente baixa"

17/10/2024 13:06

O ministro dixo este mércores no Congreso que o traspaso a Galicia era "tremendamente difícil"

O BNG tamén incide en que o traspaso é cuestión de vontade e o PSdeG avoga por agardar pola resolución de Bruxelas sobre a prorróga da concesión


O BNG insta o Goberno central a paralizar a instalación de eólica mariña en Galicia

16/10/2024 15:02

A líder da formación, Ana Pontón, solicita que se realicen informes técnicos de impacto ambiental e económico


Comisión de investigación dos contratos da Xunta, no Parlamento de Galicia (Europa Press)

O PP rexeita que os citados á comisión que investiga os contratos da Xunta se elixan por maioría cualificada

15/10/2024 18:19

Os populares din que o uso de maiorías cualificadas non ten antecedentes nas comisións de investigación

Tamén rexeita o formato 'pregunta-resposta' nas comparecencias


Ana Pontón na tribuna do Parlamento (EFE/Xoán Rey)

Pontón acusa a Rueda de "non ter proxecto" e "traballar para as eléctricas e multinacionais"

08/10/2024 12:28

A voceira do BNG responde ao presidente da Xunta sinalando que "rebaixa as esixencias de Galicia" en materia de financiamento e "coloca unha bomba ambiental no corazón do país"


A Xunta triplicará os fondos para vivenda nos orzamentos de 2025, ata os 126 millóns

08/10/2024 08:28

Rueda anuncia que a Lei de Acompañamento dos Presupostos incluirá a habilitación para que os concellos poidan impoñer a taxa turística

O Goberno galego actualizará o plan eólico, máis de vinte anos, e iniciará a renovación "nas próximas semanas"


O independente Javier Sar é o novo alcalde de Muxía despois da moción de censura contra o PSdeG

07/10/2024 15:50

A dirección nacional do BNG non apoia o sentido do voto da concelleira nacionalista na localidade que se enfronta a un expediente disciplinario


Cabeza da manifestación pola rúa da Senra. EFE/Xoán Rey

Multitudinaria manifestación solidaria con Palestina polas rúas de Santiago

06/10/2024 13:59

Piden o recoñecemento do Estado palestino e un maior esforzo á UE para impulsar unha desescalada da ocupación e da violencia

A voceira nacional do BNG participou na marcha e reclamoulle á comunidade internacional "accións máis contundentes"


Resultados da enquisa de Sondaxe publicada por 'La Voz de Galicia'

O PPdeG mantería a maioría absoluta e BNG e PSdeG repetirían resultado, segundo Sondaxe

06/10/2024 13:56

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, é o líder que máis confianza transmite entre os entrevistados e o único que aproba


A deputada popular, Elena Candia, foi elixida esta mañá presidenta da comisión de investigación sobre a contratación pública da Administración autonómica (EFE / Xoán Rey)

Constituída a comisión que investigará os contratos da Xunta con Elena Candia como presidenta

04/10/2024 11:00

A oposición critica que sexa unha deputada do PP quen presida a comisión

PSdeG e BNG  queren que comparezan Núñez Feijoo e Rueda e piden "transparencia, rigor e responsabilidade"


A voceira nacional do BNG, Ana Pontón, canda os autores do estudo, os profesores Carlos Aymerich e José Antonio Blanco

Un estudo encargado polo BNG estima en 904,7 millóns o custo do rescate da AP-9

27/09/2024 12:38

O informe, elaborado pola Universidade da Coruña, sostén que Audasa non tería dereito a ser indemnizada ao considerar "ilegal" a prórroga da concesión autorizada por Aznar 

A cifra está “moi lonxe” do prezo do rescate calculado tanto pola Xunta como polo Goberno central 

Categorías:  Galicia   Política
Etiquetas:  ANA PONTÓN   BNG

Comisión 5ª, de Sanidade, Política Social e Emprego (Parlamento de Galicia)

PP e BNG aproban reclamar ao Goberno a débeda de 2.500 millóns en dependencia

26/09/2024 18:04

Piden o cumprimento do cofinanciamento do 50 % da lei para que a participación da Xunta e o Goberno "sexa equitativa"

O Parlamento de Galicia tamén aproba pedir medidas para afrontar a escaseza de médicos


O presidente da Xunta, durante a sesión de control celebrada no Parlamento de Galicia (EFE/  Xoán Rey)

O presidente da Xunta reclama a convocatoria esta semana da comisión mixta de transferencias

25/09/2024 08:46

PSdeG e BNG repróchanlle a Alfonso Rueda que non reclame a condonación da débeda e interpretan esta postura como unha "submisión aos intereses de Xénova"

O presidente galego afirma que non reclama a quita porque "é un negocio ruinoso" e explica que o financiamento singular de Cataluña custaralle a cada galego 495 euros 


EFE / Lavandeira Jr.

Villares: "O plan do marisqueo é adaptable, vivo e colaborativo"

24/09/2024 12:55

O conselleiro do Mar di que o obxectivo do Plan de Competitividade e Sostibilidade do Marisqueo 24-25 é a recuperación dos bancos

Alfonso Villares critica no Parlamento que o Goberno do Estado non declarase a situación de emerxencia nas rías por meteoroloxía adversa

O titular de Pesca confía nun cambio de rumbo na política pesqueira común


Alfonso Rueda e Pedro Sánchez, durante o seu encontro na Moncloa

Xuntanza Rueda-Sánchez: O BNG fala de "oportunidade perdida" e o PSdeG percibiu "unha postura antigalega"

20/09/2024 17:04

Nacionalistas e socialistas din que Rueda acudiu como "delegado" ou "eco" de Núñez Feijóo


O BNG propón investir o 1,5 % do PIB no financiamento das universidades galegas

17/09/2024 14:37

"Suporía investir arredor de mil millóns de euros e cremos que é un investimento que tería un retorno moi grande para o futuro do noso país", explicou a voceira nacional do BNG

Categorías:  Galicia   Política
Etiquetas:  ANA PONTÓN   BNG

A portavoz nacional do BNG este sábado en Teo. EFE/Xoan Rey

O BNG quere "reforzar a organización" na Asemblea Nacional do 1 de decembro

14/09/2024 13:07

Ana Pontón asegura que van tentar dotar o seu proxecto de "máis potencia" para "conquistar o goberno" de Galicia

Categorías:  Galicia   Teo   Política
Etiquetas:  ANA PONTÓN   BNG

O BNG rexistra a solicitude de comisión de investigación de supostos contratos irregulares da Xunta

13/09/2024 11:25

Os nacionalistas din que vetar a comparecencia de Feijóo ou Rueda sería mostra de “culpabilidade”

O PSdeG avanza que pedirá a comparecencia de familiares de Núñez Feijóo

O PPdeG avaliará propostas de comparecentes, pero ve “prematuro” confirmar nomes


O ministro de Tranportes Óscar Puente, este mércores no Congreso (EFE/ Sergio Pérez)

O Parlamento de Galicia reproba a Puente coa abstención do PSdeG

11/09/2024 12:40

PPdeG, BNG e Democracia Ourensá reproban o ministro de Transportes Óscar Puente por non asumir o “caos ferroviario” que se rexistrou en Galicia este verán


O presidente da Xunta Alfonso Rueda, na sesión de control do Parlamento (EFE/Xoán Rey)

Rueda anuncia que a Xunta asumirá o 60 % da suba prevista do canon de Sogama

11/09/2024 08:43

O presidente da Xunta asegura que os galegos non teñen por que pagar as decisións impositivas do Executivo de Sánchez

A oposición chamará a Feijóo a comparecer en comisión por supostos contratos irregulares


Puente non ve viable aumentar as bonificacións na AP-9 este ano

10/09/2024 19:40

"É unha cuestión de xustiza, houbo diñeiro para as radiais madrileñas, ten que haber para Galicia", reclamoulle a senadora do BNG Carme da Silva

Publicidade
Publicidade