Publicador de contidos

Contido coa etiqueta intelixencia artificial .

Publicador de contidos

Contido coa etiqueta intelixencia artificial .

Intelixencia Artificial

Comunicarse ben é cuestión de método

16/11/2024 14:41

Especialistas en oratoria ilustran como falar correctamente diante doutras persoas

Malia a intelixencia artificial, a comunicación xera un vínculo entre persoas imposible para as máquinas


José González: "A IA é unha boa ferramenta para modernizar as oficinas de emprego"

10/11/2024 09:30

O conselleiro de Emprego considera que pode funcionar porque permite adecuar a demanda de emprego á oferta empresarial

O programa Emprego Intelixente, de creación recente, vai chegar en 2025 aos 70.000 demandantes


Ilustración de Dado Ruvic / REUTERS

Arrinca unha campaña para que as empresas de IA non exploten o traballo dos autores

22/10/2024 17:33

Xa foi asinada pola directora xeral da SGAE e por 6.500 creadores como o actor Kevin Bacon, o músico Thom Yorke ou o escritor Kazuo Ishiguro

A declaración subliña a "ameaza inxusta" que supón para os autores "o uso sen licenza de obras creativas no adestramento da intelixencia artificial xenerativa"


Ordenadores xogando ao xadrez, entre as actividades da Conferencia Europea de IA en Santiago

21/10/2024 14:28

Máis de 1.500 profesionais de todo o mundo participan na Conferencia Europea de Intelixencia Artificial, en Santiago

Celébrase o campionato mundial de xadrez por computador, ferramenta moi útil para a aprendizaxe da intelixencia artificial


Galicia será a primeira rexión europea que conte cunha lei de intelixencia artificial

18/10/2024 13:17

Alfonso Rueda asegura que o traballo conxunto entre o sector público e o privado son fundamentais para garantir unha intelixencia artificial ética e que priorice as persoas


O Goberno asesorará as empresas para incorporar a intelixencia artificial

16/10/2024 20:13

Será un dos cometidos da AESIA, situada na Coruña

O organismo empezará a funcionar a pleno rendemento antes de que acabe o ano


Comezará no 2025 a construción dun centro de datos en Curtis que dará servizo a 3 millóns de usuarios

11/10/2024 17:12

Poderá axudar empresas e institucións a ser máis competitivas grazas á computación e á intelixencia artificial

O presidente da Xunta destacou o potencial de Galicia para ser líder nese sector e dixo que o Goberno galego seguirá axilizando os proxectos industriais estratéxicos para a nosa economía


O reto de futuro da intelixencia artificial pasa pola aplicación á robótica

08/10/2024 14:41

O debate está nos usos e os límtes aos avances tecnolóxicos


Desenvolven en Vigo unha ferramenta para diagnosticar a apnea do sono con IA

14/09/2024 14:55

O grupo de investigación PneumoVigo está a ser pioneiro na integración da intelixencia artificial na xestión de doenzas respiratorias


Investigadores galegos estudan como usar a IA para axudar a detectar a depresión a través das redes sociais

05/08/2024 16:49

Un equipo de informática da UDC, xunto á USC e outros campus europeos, traballan desde 2017 nunha tese sobre a detección de trastornos mentais empregando modelos computacionais


Imaxe da xuntanza do Consello da Xunta celebrada este luns (TVG)

A Xunta eleva o teito de gasto un 2,5 %, ata os 13.954 millóns de euros, o máis alto da historia

29/07/2024 11:02

O Goberno galego emprenderá accións legais contra o Goberno central para que convoque a Conferencia de Presidentes

Sanidade mercará 46.000 doses da vacina da meninxite

O Consello aproba o Anteproxecto de Lei de Servizos dos Medios Públicos


Venancio Salcines: "O sistema educativo non está preparado para asumir as necesidades formativas en IA"

11/07/2024 10:21

O Centro de Estudos Superiores Universitarios de Galicia (CESUGA) organiza hoxe e mañá na Toxa un foro sobre transformación dixital e intelixencia artificial

O presidente do Consello Reitor de CESUGA di que en Galicia "hai máis de 20.000 persoas traballando en tecnoloxía en Galicia, con pleno emprego no mundo da programación"

Salcines resta importancia aos empregos que se poderán perder coa IA porque "chegarán outros postos de fondo" de alto valor innovador


Mark Zuckerberg, presidente e director executivo de Meta

A Fiscalía investiga a Meta polo uso dos datos persoais dos usuarios

04/07/2024 19:59

Investígase se Meta vulnera o dereito á protección de datos de carácter persoal ao utilizalos para desenvolver e mellorar a intelixencia artificial

A xuízo da Fiscalía, a Lei de servizos da sociedade da información e de comercio electrónico dispón da posibilidade de adoptar medidas restritivas,



A intelixencia artificial vainos devolver o 80 % do tempo que hoxe lle dedicamos ao traballo

28/06/2024 14:56

Anunciouno esta mañá na Coruña unha alta directiva da compañía Google que participa no Foro Ecosystems

O encontro organizado or Omar Hamtaleh está dedicado á presenza de mulleres no sector das TIC, e aborda en especial os aspectos éticos e ecolóxicos da revolución tecnolóxica


Galicia ultima a primeira lei dunha rexión europea sobre intelixencia artificial

27/06/2024 14:37

Expertos de doce comunidades autónomas reúnense en Santiago para compartir experiencias sobre os retos e oportunidades desta tecnoloxía para as administracións públicas


A Xunta empregará a IA para a busca de emprego

26/06/2024 14:47

Trátase dun software dispoñible nas 54 oficinas de emprego de Galicia que facilita a conexión entre a oferta e a demanda en tempo real


Saudables, naturais, sostibles e artesáns: tendencias dos xeados de 2024

24/06/2024 21:06

Seguen triunfando os sabores clásicos, como chocolate, vainilla e café

A industria usa a intelixencia artificial para deseñar sabores únicos e impactantes


José Luis Escrivá, Ines Rey e Mayte Ledo no asinamento do convenio de AESIA (EFE/Cabalar)

A Axencia de Intelixencia Artificial empezará a funcionar na Coruña antes de agosto

18/06/2024 19:03

Incorporaranse funcionarios e persoal de forma "inminente" e contará cuns 80 traballadores de aquí a dous anos


Medra a demanda de perfís humanísticos para o desenvolvemento da intelixencia artificial

23/05/2024 14:40

A industria tecnolóxica demanda profesionais da filosofía, psicoloxía, filoloxía ou do dereito


O Colexio de Enxeñería Informática reclama formación en intelixencia artificial para toda a sociedade

18/05/2024 13:55

Promover unha intelixencia artificial inclusiva e respectuosa coas persoas é a principal demanda do decálogo aprobado por distintas institucións con motivo do Día de Internet


Expertos en IA aseguran que o futuro dos procesos educativos pasa polo seu uso

11/05/2024 14:52

Celebrouse en Compostela a XXI Xornada Forxando o futuro da educación e a FP con IA

Estivo organizada pola Federación Autonómica de Centros de Ensino Privado

Antonio Osorio: "O propio sector produtivo mete presión para que o alumnado coñeza as ferramentas da IA"


Galicia leva ao Parlamento Europeo a súa proposta para regular a IA na Administración

10/04/2024 14:38

"É unha autorregulación para dicirlles aos cidadáns e aos xestores públicos como queremos empregar a intelixencia artificial", di o director da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia


A intelixencia artificial cambiará nas aulas o modo de ensinar, de aprender e de avaliar

06/04/2024 13:57

Segundo os expertos, a IA logrará personalizar a aprendizaxe e introducir novas metodoloxías

Tamén permitirá a detección temperá de problemas de aprendizaxe 


Aragón interésase pola ferramenta da Xunta que sincroniza con IA oferta e demanda de emprego

02/04/2024 14:17

Tras un período de proba, EMI xa está dispoñible nas oficinas de emprego de Galicia


A intelixencia artificial está a revolucionar a predición e prevención de enfermidades

30/03/2024 13:39

Os algoritmos na medicina supoñen un salto exponencial nas fases de diagnóstico e tratamento

O catedrático galego Marcos Ortega di que a IA será clave tamén para ofrecer solucións máis personalizadas


Congreso de Intelixencia Artificial e Educación

Un milleiro de docentes analizan a aplicación da intelixencia artificial nas aulas

16/03/2024 14:42

No Congreso, que se celebra no Gaiás, comparten experiencias e debaten como facer un uso ético da tecnoloxía no ensino


O rei, Pedro Sánchez e Pere Aragonès, xuntos en Barcelona no MWC

25/02/2024 21:02

Filipe VI pide que os avances tecnolóxicos protexan a seguridade e os dereitos individuais

Sánchez destaca o papel relevante de España no desenvolvemento da IA


Investigan sete alumnos dun instituto de Zaragoza por difundir fotos falsas de compañeiras espidas

24/02/2024 20:20

As fotos das menores espidas foron manipuladas cunha aplicación de intelixencia artificial

A sete dos alumnos presuntamente implicados impútaselles un delito de pornografía infantil e outro contra a integridade moral

Entre os presuntos implicados hai seis menores de 14 anos, que son inimputables


Investigados cinco menores por modificar fotos de mulleres con IA e difundir falsos espidos

20/02/2024 14:12

Hai confirmadas 17 vítimas, 13 delas menores

A voz de alarma dérona dous institutos de secundaria de Valencia


O Clínico de Santiago, pioneiro no uso da Intelixencia Artificial na rehabilitación despois dun infarto

15/02/2024 19:34

Unha pulseira de actividade e unha app para controlar a recuperación dos pacientes que sufriron un infarto

O Clínico, entre os tres únicos hospitais que levan a cabo o chamado proxecto Timely de monitorización tras un ataque ao corazón


Escrivá: "A Aesia ten que converterse nun centro de análise moi potente"

22/01/2024 13:02

Na súa visita ao centro de investigación TIC da Universidade da Coruña (UDC), o ministro lembrou que “hai que ter en conta que estamos nunha etapa relativamente temperá en Europa e no mundo en termos regulatorios”

Escrivá estableceu como obxectivo que “as novas tecnoloxías e a intelixencia artificial teñan un impacto positivo sobre os cidadáns”


Analizan, na cidade das TIC da Coruña, como eliminar os sesgos de xénero na IA

19/01/2024 14:56

Que non haxa enfoques parciais ou tendenciosos e que se respecten os principios de igualdade é un dos desafíos dos programadores


O Sergas conclúe a renovación das unidades móbiles de resonancia magnética

17/01/2024 13:37

Cun investimento total de 4 millóns de euros, incorporan tubaxes con máis diámetro que melloran a comodidade e benestar dos pacientes

Desde 2006, estas unidades fixeron 230.000 resonancias nos sete hospitais comarcais


Davos: para reconstruír a confianza, por María Cadaval

16/01/2024 08:07

O Foro Económico Mundial de Davos leva medio século reunindo máis de mil líderes

A Terraza da Coruña é a sede elixida para a Aesia

O Supremo desestima o recurso contra a elección da Coruña como sede da AESIA

18/12/2023 13:45

O Concello de Granada, unha das cidades que optaba a acoller o organismo, presentara un recurso ante o Alto Tribunal contra a designación por parte do Consello de Ministros

O Tribunal Supremo establece que "non se lesionou o principio de obxectividade", xa que "non é un concurso", senón un "acto discrecional motivado do Consello de Ministros"


A Unión Europea pacta a primeira lei de intelixencia artificial no mundo

09/12/2023 08:50

Está previsto que o regulamento entre en vigor no ano 2026 pero aplicarase por fases

Permite ou prohibe o uso da tecnoloxía en función do risco que supoña para as persoas


Galicia quere colocarse no epicentro da Intelixencia Artificial en Europa

02/12/2023 13:21

Pode ser a primeira rexión europea con normativa propia


A Xunta quere que Galicia sexa a primeira rexión europea en regular a intelixencia artificial

30/11/2023 10:49

O Consello da Xunta aprobou este xoves o inicio da tramitación do anteproxecto de lei que establecerá a normativa autonómica sobre a IA


Abre na Cidade das TIC un laboratorio de intelixencia artificial aplicada a drons

21/11/2023 14:52

O presidente da Xunta destaca a capacidade deste centro para "reter e captar" talento tecnolóxico

Publicidade
Publicidade
— 40 Resultados por páxina
Mostrando o intervalo 1 - 40 de 106 resultados.