Publicador de contidos

Contido coa etiqueta confrarías .

Publicador de contidos

Contido coa etiqueta confrarías .

Confrarías

Un mural súmase aos actos conmemorativos dos cen anos da Confraría de Pescadores de Burela

26/10/2024 21:31

Decora a fachada con elementos mariños e serve de homenaxe aos traballadores do mar

Un libro e un documental acreditan a importancia do pósito na vida da localidade


Aguiño celebra o centenario da súa confraría

19/10/2024 21:41

Un seminario sobre a xestión responsable dos recursos mariños nas confrarías do presente

Homenaxe aos socios da confraría máis antigos con vidas dedicadas á pesca e ao marisqueo


A ría de Muros e Noia segue pechada ao marisqueo por mor da toxina

19/10/2024 17:03

Dúas análises negativas poderían permitir a actividade a vindeira semana


Malas perspectivas no inicio da campaña de marisqueo na ría de Noia

13/10/2024 13:48

Antes do último temporal, a maior parte do marisco non daba a medida comercial

O patrón maior pide un protocolo para que a presa do Tambre non desaugue coa marea baixa


Preocupación nas confrarías pola diminución das capturas de polbo nun 50 %

12/10/2024 12:20

Reclaman a ampliación das vedas e prohibir a captura de xuvenís e femias ovadas


As confrarías da ría de Pontevedra temen que a chuvia arruíne a campaña do outono

06/10/2024 13:51

As agrupacións de marisqueo a pé están traballando con topes tan baixos que din que non lles dan para os gastos

O marisqueo desde embarcación decide o día 15 cando empeza a traballar e en que condicións


A confraría de Ferrol denuncia que os furtivos volveron actuar no banco da Cabana

08/09/2024 14:21

Tres furtivos que andaban á ameixa foron sorprendidos este sábado na zona máis afectada polo marisqueo ilegal


O Consello da Xunta aproba dous millóns de euros en axudas para o sector pesqueiro

15/07/2024 09:33

Tamén se aprobou incrementar a dotación para o novo contrato da Rede Pública de Albergues do Xacobeo ata chegar a doce millóns de euros

O Executivo galego renova o programa Xantar na Casa por oito millóns de euros anuais


Pérez Sieira: "Creo que os tribunais nos van dar a razón sobre as restricións á pesca de fondo"

04/07/2024 09:35

O presidente da Federación Galega de Confrarías afirma que non fan dano aos fondos das 87 zonas pechadas pola Comisión Europea

José Antonio Pérez Sieira considera "moi importante" o  Plan de Marisqueo da Xunta, que prevé 123 millóns para buscar sementes máis resistentes aos cambios nas augas das rías

Advirte: "Vai vir a próxima colleita para os mariscadores, non temos marisco e temos moi pouquiña cría"


Basilio Otero: "Estamos pedindo un plan nacional de formación pesqueira"

11/04/2024 11:17

O presidente da Federación Nacional de Confrarías avoga por un "grande organismo" que promova os produtos pesqueiros todo o ano

Basilio Otero valora que Bruxelas dese luz verde ao Perte Mar-Industria con 40 millóns en axudas e demanda axilidade ao Goberno na repartición das subvencións


As confrarías poñen anuncios buscando portadores para os pasos de Semana Santa

27/03/2024 16:16

Algunhas mesmo están acudindo a empresas de traballo temporal para atopar persoal


Mortaldade, cotas ou eólicos: as confrarías analizan as incertezas do sector

12/03/2024 14:35

Piden diálogo coas administracións españolas e comunitarias para abordar os problemas da pesca e o marisqueo


Lonxa de Ribeira

As confrarías galegas temen un 2024 aínda peor en vendas e capturas nas lonxas

29/02/2024 11:30

O presidente da Federación Galega de Confrarías valora como "negativa" a caída do ano pasado, en que se pescou e se facturou menos

José Antonio Pérez Sieira adianta que "non lle vai quedar máis remedio" ao sector pesqueiro que mobilizarse contra os plans da eólica mariña


Na próxima costeira do bonito barcos pequenos irán máis lonxe, en grupo e con bo tempo

19/02/2024 11:04

Desde o sector calculan que se van beneficiar unhas catrocentas embarcacións que ata o de agora case non podían separarse da costa


Basilio Otero: "Estamos valorando accións en común cos agricultores"

13/02/2024 10:32

O presidente da Federación Nacional de Confrarías descarta, de momento, un paro e avoga por consensuar un decálogo común de reivindicacións co sector agrario

Otero critica a "burocracia medioambientalista" que esixe Europa e a falta de medidas que fomenten a "remuda xeracional"


A Federación Galega de Confrarías denuncia intereses partidistas na manifestación do domingo

23/01/2024 22:12

Cualifican de alarmista a crise dos granulados, que fixo descender o consumo de peixe 


Fariña: "O problema é que non volvan confiar no produto do mar galego"

21/01/2024 09:44

O presidente da Asociación Galega de Depuradores asegura que a crise dos pellets provocou unha importante caída do consumo

O colectivo, xunto ás confrarías de pescadores, acaban de lanzar unha campaña para promover a venda de peixe e marisco


Moitas zonas marisqueiras perden toda a campaña do Nadal e temen o futuro

24/12/2023 13:43

O sector urxe a concretar e paliar as causas da morte do marisco nas rías


Piden estudos e alternativas ante a mortaldade do marisco nas rías

17/12/2023 21:01

O sector marisqueiro reclámalles unha solución ás administracións

Desde o ámbito científico demandan a intervención dos expertos


As confrarías consideran o acordo de cotas "moi malo" para a pesca artesanal galega

13/12/2023 09:18

O presidente da Federación Galega de Confrarías afirma que está "frustrado" pola redución en especies como o abadexo, o xurelo e o linguado

José Antonio Pérez Sieira pensa que a situación dos caladoiros non xustifica os recortes nas especies máis habituais da pesca artesanal en Galicia


A ría de Noia despediu anticipadamente a súa peor campaña de marisqueo

28/10/2023 15:00

1.700 profesionais deixaron de mariscar apenas dez días despois de comezaren a actividade

Só o 60 % deles poderán acollerse ás axudas compensatorias


A ría de Noia está a piques de rematar a súa peor campaña de marisqueo

22/10/2023 13:20

A Confraría de Noia anuncia o peche da campaña dez días despois de comezar por mor da  alta mortaldade do marisco

 Aseguran que a causa principal é o baleirado de auga doce procedente do encoro do Tambre


O presidente das confrarías españolas tacha de "oportunidade perdida" o cumio de Vigo

16/07/2023 12:00

Basilio Otero considera máis urxente abordar outros problemas que "exclusivamente a descarbonización"

Apoia a proposta do Goberno español de establecer cotas plurianuais de capturas para algunhas especies


A aspiradora de algas traballando nos bancos de Aguiñóns e Brensa

Retiran as algas na ría de Pontevedra cunha máquina aspiradora e compactadora que revolucionará o sector

23/06/2023 12:42

Fai pacas de 400 quilos que en bruto serían 4 toneladas de algas

O sistema é innovador e varias confrarías xa mostraron interese nel

É un proxecto das confrarías de San Telmo, Raxó e Lourizán e o Galp da ría de Pontevedra


Interveñen 186 quilos de percebe ilegal que poderían valer uns 16.000 euros no mercado

15/06/2023 11:19

Na confraría levan tempo loitando contra o furtivismo e denuncian que isto lles está a supoñer todo tipo de ameazas


As confrarías advirten de que o novo Regulamento de Control de Pesca prexudica a frota de baixura

01/06/2023 09:41

O presidente da Federación Galega de Confrarías Xosé Antonio Pérez Sieira rexeita o acordo dos 27, entre outras cousas porque considera que non ten sentido que se lles obrigue a instalar sistemas de transmisión de datos electrónicos ás pequenas embarcacións que traballan nas rías


A Xunta autoriza novas zonas de extracción de mexilla na Guarda e no Grove

19/03/2023 20:02

A medida súmase ás adoptadas esta semana nas confrarías da Coruña, Lorbé, Corme, Muros, Laxe, Caión e Muxía


Malestar no sector pesqueiro pola autorización aos eólicos mariños

01/03/2023 09:23

A Federación Nacional de Confrarías respecta a aposta polas enerxías renovables pero critica a presión continua que sofren dende hai anos


A confraría de Arcade pide un plan contra as especies depredadoras da ameixa

29/01/2023 21:29

As capturas de babosa baixaron un 77 % en tres anos e as de xapónica caeron á metade na última campaña

A ouxas, os cangrexos e as buguinas son os principais depredadores destes moluscos


Xabier Sar, patrón maior da confraría de Muxía  en 2002 e Nacho Castro, xerente, recordan a crise do Prestige

Como se viviu o afundimento do Prestige na confraría de Muxía hai 20 anos

13/11/2022 15:04

Gardan o bo recordo da solidariedade do voluntariado

Critican a xestión do accidente marítimo e cren que os medios de hoxe en día non abondan en caso dun novo accidente


Xunta e sector piden celeridade na presentación do recurso ao veto da pesca

08/11/2022 20:33

O Goberno garante que estará antes de que finalice o prazo, pero non concreta a data

O prazo para presentar o recurso no Tribunal de Xustiza da UE remata o 19 de novembro 


Crean unha plataforma para pedir novos e urxentes amarres no peirao en Corcubión

02/11/2022 17:25

Nas últimas semanas varias embarcacións foron á deriva

Busca acelerar a tramitación do proxecto do novo peirao ante as últimas incidencias 


As confrarías de pescadores de Galicia elixen as súas novas xuntas xerais

29/10/2022 14:35

Son as terceiras eleccións unificadas desde o ano 2014

Categorías:  Galicia   Política

Barco amarrado no porto de Burela (EFE/Eliseo Trigo)

O Goberno cuantifica co sector os danos da veda á pesca de fondo para sumar ao recurso

21/10/2022 11:30

O ministro Planas destaca a dificultade de calcular o alcance da prohibición e di que están a realizar unha secuencia da actividade dos días que leva en vigor o regulamento 

"Os barcos están a tentar adaptarse e é imposible facer un cálculo do custo", di Basilio Otero, presidente da Federación de Confrarías: "Borráronnos o mapa"


A toxina atrasa o inicio da campaña do marisqueo na ría de Muros-Noia

09/10/2022 20:15

Pendentes das análises do Intecmar, non poderán saír ao mar antes do xoves


As confrarías acusan a Comisión Europea de ecoloxismo radical

19/09/2022 08:54

Censuran a Bruxelas por non escoitar nin o sector nin os científicos


O sector pesqueiro teme o amarre total da frota pola crise

26/06/2022 13:50

As confrarías din que non cobren os gastos cando saen traballar

Categorías:  Galicia   Sociedade   Vida
Etiquetas:  PESCA   CONFRARÍAS

As confrarías esixen unha bonificación polo prezo do gasóleo de 40 céntimos

25/06/2022 21:11

Tamén solicitan unha reunión urxente co ministro de Pesca, Luis Planas

O sector di que é preciso baixar o prezo do litro de combustible a menos de 70 céntimos


As confrarías piden unha xuntanza co ministro de Pesca

25/06/2022 14:26

Consideran necesaria unha axuda de 40 céntimos por litro


A Federación Nacional de Confrarías reúnese este sábado polo prezo dos combustibles

24/06/2022 21:35

A plataforma de transporte decide este domingo se reactivan o paro no sector

Publicidade
Publicidade
— 40 Resultados por páxina
Mostrando o intervalo 1 - 40 de 47 resultados.