Publicador de contidos

Contido coa etiqueta extinción de incendios .

Publicador de contidos

Contido coa etiqueta extinción de incendios .

Extinción De Incendios

Un helicoptero bota auga sobre o incendio de Castro Daire (Reuters / Pedro Nunes)

Protección Civil portuguesa espera ter controlados todos os incendios este venres

19/09/2024 17:23

Os peores focos activos están en Castro Daire, no centro, e en Arouca e Vila Pouca de Aguiar, no norte do país

A meteoroloxía está a ser favorable para a extinción, pero activouse unha alerta amarela ante o risco de corrementos nunhas terras que perderon toda a cobertura vexetal


Volve estar activo o incendio da Gudiña que a Xunta daba por controlado e xa afecta a 240 hectáreas

18/09/2024 17:33

O de Barxa está estabilizado despois de calcinar 90 hectáreas

Medio Rural dá por extinguido o incendio de Augasantas, en Cerdedo-Cotobade, que queimou 13,88 hectáreas

O lume de Requeixo-Chandrexa de Queixa está controlado desde primeira hora da noite do mércores


Ascenden xa a sete os falecidos polos incendios de Portugal, tres deles bombeiros

17/09/2024 14:44

Hai activos 65 incendios, con maior incidencia nas rexións do norte e o centro do país, que provocaron tamén preto de medio cento de feridos

O dispositivo conta xa con preto de 6.000 efectivos, ademais de 1.700 medios terrestres e 29 aéreos

En Aveiro arderon xa máis de 11.000 hectáreas

Un pasaxeiro galego axudou o condutor do autobús co GPS para lograr saír de Aveiro


Medios aéreos combaten o incendio na Gudiña

Estabilizados os incendios da Gudiña, que arrasou 150 hectáreas, e de Laza, en que arderon 60

16/09/2024 16:41

Os incendios de Arbo e Entrimo quedaron estabilizados a primeira hora da tarde


Xa son tres as persoas falecidas nos máis de trinta incendios que afectan a Portugal

16/09/2024 15:49

España, Francia, Italia e Grecia envían oito avións  para combater as lapas

3.000 efectivos combaten os 40 focos de lume que hai en todo o país

Un bus con galegos quedou atrapado catro horas entre as lapas


Estabilizado o lume forestal de Muíños tras queimar 45 hectáreas no Parque do Xurés

14/09/2024 11:23

O incendio comezara pouco antes das sete da tarde do venres Parque Natural da Baixa Limia-Serra do Xurés


Extinguido o lume forestal de Entrimo que entrara hai tres días dende Portugal

07/09/2024 12:19

Segundo as últimas medicións, afectou unha superficie de 223 hectáreas dentro do parque natural da Baixa Limia-Serra do Xurés


Axentes traballando no incendio de Crecente (Pontevedra) - Adrián Irago - Europa Press

Extinguidos os incendios de Oímbra, Crecente e controlado o de Entrimo

06/09/2024 10:08

Medio Rural asegura que hai probas da intencionalidade do lume de Crecente, onde desactivou o nivel 2 de alerta tras arrasar 267 hectáreas

O que afectou ao Parque do Xurés, en Entrimo, queimou unhas 200 hectáreas

O lume de Oímbra, que calcinou 27 hectáreas, ameazou un depósito de combustible


Acceso a un dos túneles de Folgoso na A-52 entre Ourense e Vigo

Un vehículo en lapas colapsa un dos túneles de Folgoso na A-52 entre Vigo e Ourense

01/09/2024 21:39

Está cortado desde as 21:00 horas o sentido da circulación a Madrid e desvíase o tráfico pola N-120

Hai retencións quilométricas en plena operación retorno


Incendio na parroquia de Paredes, en Ponteareas

Agosto despídese en Galicia con máis de 230 hectáreas afectadas por incendios forestais

01/09/2024 09:32

O mes de maior incidencia en 2024 foi abril, fóra do período estival e con arredor de 450 hectáreas queimadas


Imaxes do BRIF Laza

Controlado o incendio da Gudiña que afecta case 80 hectáreas de superficie

24/08/2024 09:15

As lapas obrigaron a cortar a N-525 no quilómetro 138 e desviar o tráfico pola A-52

Para o control do lume que se orixinou na parroquia de Pentes concentráronse 16 medios aéreos en apoio das brigadas forestais



Un incendio en Xaén calcina máis de 700 hectáreas e obriga a desaloxar 200 vivendas

19/08/2024 21:45

Este luns incorporáronse medios aéreos aos efectivos de extinción 


Imaxes da zona queimada en Paredes despois do incendio

Controlado o incendio forestal en Ponteareas que calcina 40 hectáreas

17/08/2024 12:39

O lume, o primeiro grande incendio do verán en Pontevedra, mantivo en alerta durante a noite os veciños do lugar de Paredes


Galicia conta coa primeira base transfronteiriza de loita contra o lume

13/08/2024 15:23

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, visitou a base aérea de Verín que vén reforzar os medios que comparten Galicia e Portugal


O verán galego frea polo momento a tempada de incendios forestais

20/07/2024 14:31

A vixilancia nos montes continúa alerta porque a situación pode cambiar en calquera momento

A irregularidade estacional ocasiona fóra do verán incendios cada vez máis virulentos

A videovixilancia e o persoal das brigadas centran o plan de loita contra os lumes forestais


Traballos de limpeza de colectores queimados durante a noite na Coruña

Outra noite tensa na Coruña con colectores ardendo a 24 horas da "emerxencia sanitaria"

20/07/2024 09:37

En só dúas horas, entre as 3:00 e as 5:00 da madrugada, prendeu lume en oito puntos distintos

A alcaldesa Inés Rey esixe que "remate a violencia" e di que non vai ceder á chantaxe mentres o sindicato STL asegura que non ten relación coas actos vandálicos na crise do lixo


Colectores queimados nas rúas da Coruña

O conflito do lixo continúa na Coruña: máis dunha decena de incendios en colectores

06/07/2024 11:27

Os bombeiros realizaron pola noite trece servizos para apagar as lapas por ataques a elementos urbanos


7.000 efectivos para afrontar desde este luns a tempada de alto risco de incendios en Galicia

30/06/2024 11:08

O plan de loita contra o lume (Pladiga) mobilizará tamén 380 motobombas e unha trintena de medios aéreos

A campaña vaise prolongar ata o 30 de setembro, nun verán que Aemet prevé máis seco e cálido do normal


Un policía ferido ao precipitarse desde catro metros de altura na extinción dun incendio

17/06/2024 13:46

O axente foi rescatado consciente e presentaba golpes e cortes, pero o seu estado é leve 


Así se adestra a extinción de incendios que ameazan vivendas e vías de comunicación

10/06/2024 14:46

Máis de 3.000 efectivos forman parte do dispositivo de Medio Rural

En Valga fíxose un simulacro de coordinación entre os servizos de emerxencias, de asistencia sanitaria e os diferentes corpos de seguridade


A alameda de Santiago acolle a Semana da Prevención de Incendios

07/06/2024 14:49

Case 900 escolares pasaron polas actividades para aprender como reaccionar en situacións de emerxencia


Demostracións e actividades para escolares na Semana de Prevención de Incendios

07/06/2024 14:30

A Xunta conta con 14 vehículos batracio

Máis de 800 escolares nas actividades da Semana de Prevención de Incendios


Restos queimados da casa

Arde unha casa que estaban a rehabilitar na Pobra do Brollón

04/06/2024 20:23

Os bombeiros só puideron evitar que ardesen as casas lindeiras

A Garda Civil investiga as causas do incendio


Case o 75 % dos incendios forestais acontecidos en Galicia son intencionados

01/06/2024 21:09

 As 177 cámaras instaladas no monte cubrirán o 85 por cento do territorio en risco de lume

Todas as imaxes supervísanse en tempo real no centro de control técnico en Santiago


Prohibidas ata novo aviso as queimas forestais en Galicia

30/05/2024 16:35

Non se darán novos permisos e os xa concedidos quedan en suspenso


No simulacro participaron os bombeiros, a Garda Civil e a policía portuaria de Vigo

Un incendio cun colector de mercadorías perigosas, nun simulacro no porto de Vigo

24/05/2024 16:12

Bombeiros e Garda Civil actúan para salvar vidas nun suposto accidente con produtos químicos


Galicia amplía o plan antiincendios con máis medios técnicos e humanos

23/05/2024 16:42

O dispositivo contará con 7.000 persoas cunha trintena de medios aéreos e 380 motobombas

Crearanse 44 puntos de auga para a recarga de medios de extinción e entra en servizo a nova base de medios aéreos transfronteiriza de Verín-Oímbra

A petición do SLG debateuse sobre Altri: "Unha macrocelulosa dez veces maior que a de Ence na ría de Pontevedra", dixo o sindicato


A herba seca complica a extinción dun incendio nunha nave agrícola de Santiago

13/05/2024 15:24

Os veciños de Aríns alertaron o 112 na tarde do domingo ao ver unha gran fumareda 

Para evitar que se reavivara o lume houbo que sacar toda a herba almacenada na nave


O incendio da nave industrial de Tomiño está controlado pero non extinguido completamente

12/05/2024 13:49

O incendio da nave industrial de Tomiño está controlado despois de case 24 horas. O Plan

Os bombeiros na extinción das lapas na nave hortícola incendiada en Tomiño

Un incendio arrasa unha nave hortícola en Tomiño e mobiliza bombeiros de Galicia e Portugal

11/05/2024 17:34

A Xunta activou o Plan Territorial de Emerxencias con efectivos do sur de Pontevedra e do norte de Portugal

A columna de fume era visible a máis de cinco quilómetros de distancia

 


Un bosque de 1.200 sequoias crecerá contra o lume no monte Galiñeiro

08/05/2024 21:33

O monte Galiñeiro, en Gondomar, conta cuunha das plantacións de sequoias máis grandes de Galicia e tamén de España

Falamos dunha especie procedente de California que empeza a proliferar na nosa comunidade. Son árbores milenarias e robustas que actúan sobre todo como freo do lume

 Na comunidade de montes de Vincios, e tras os incendios do 2017, plantaron unhas 1.200 árbores deste tipo. Crecen despaciño, pero co tempo poden sobrepasar os cen metros de altura


Arquivo/CRTVG

Controlado o incendio forestal da Cañiza, tras queimar 32 hectáreas

24/04/2024 09:35

Na súa extinción traballan 26 brigadas, 14 axentes, 23 motobombas, unha pa e un helicóptero


Controlado tras queimar 30 hectáres o incendio de Cerdedo-Cotobade

23/04/2024 16:22

Continúa tamén estabilizado o incendio que queimou en Rois 100 hectáreas desde o luns e controlado o de Barreiros


EFE / Sxenick

Estabilizados os incendios forestais de Barreiros e de Rois, que queiman xa case 120 hectáreas entrambos

22/04/2024 20:43

No control do lume de Rois, que parece intencionado, traballan tres técnicos, vinte e nove axentes, trinta e unha brigadas, vinte e sete motobombas, dúas pas e medios aéreos

Tamén está controlado o incendio de Barreiros, que queima unhas 17 hectáreas


Extinguido o incendio forestal de Cabanas (A Coruña), que afectou a 2,4 hectáreas

22/04/2024 09:18

O lume declarouse este domingo no Parque Natural Fragas do Eume


Parque Natural das Fragas do Eume

Controlado un incendio nas Fragas do Eume tras queimar 2,4 hectáreas

21/04/2024 17:36

Participaron nos labores de extinción once brigadas, tres axentes forestais, cinco camións con motobomba, dous avións e catro helicópteros


Controlado o incendio intencionado de Crecente, que deixa 170 hectáreas calcinadas

16/04/2024 21:18

O vento complicou as tarefas dos servizos de extinción para estabilizar e controlar o perímetro

Segundo os últimos datos de Medio Rural, todo indica que foi intencionado


Morre un bombeiro forestal en Cantabria e dáse por estabilizado o incendio de Castelló

18/03/2024 14:03

O incendio declarado na serra castellonenca de Espadán iniciouse nunha queima descontrolada e obrigou a confinar durante varias horas uns 300 veciños da localidade de Fanzara

Permanecen activos 3 dos 26 incendios forestais rexistrados nas últimas 48 horas en Cantabria


Investigan a orixe do lume que destruíu unha nave no polígono do Tambre

27/01/2024 08:50

A intervención dos bombeiros evitou que ardese unha empresa lindeira con material inflamable

Publicidade
Publicidade
— 40 Resultados por páxina
Mostrando o intervalo 1 - 40 de 59 resultados.